O sindicato STEG anuncia que impugnará os orzamentos da Xunta por discriminar ao profesorado substituto

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2025 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia, STEG, anunciou que impugnará os orzamentos da Xunta por "discriminar ao profesorado substituto", e lembrou que, xa desde o inicio de curso, veñen denunciado que, a diferenza doutras comunidades, en Galicia mantense vixente a suspensión do dereito do persoal interino que traballe máis de 5 meses e medio a seguir contratado os meses de verán.

Segundo sinalou o sindicato, ese dereito (recollido no acordo asinado en 1995) foi suspendido en 2012 no marco dos recortes vinculados á situación de crise económica, pero algo que ía ser "puntual e extraordinario" converteuse, na práctica, "en permanente", utilizando a lei orzamentaria para "perpetuar" esta situación de "discriminación" do persoal interino.

STEG sinalou que o cesamento destes profesores a 30 de xuño "resulta contrario ao principio de igualdade e non discriminación entre persoal fixo e laboral de duración determinada", e denunciaron que a situación "é aínda máis sanguenta" se se ten en conta que en case todas as demais comunidades autónomas o persoal interino recuperou o seu dereito a cobrar os meses de verán.

Esta demanda do STEG foi trasladada aos representantes do BNG e do PSdeG no Parlamento de Galicia, que pediron modificar esa situación na lei de orzamentos, pero esta emenda non foi aceptada pola maioría parlamentaria do PP. Así, a lei de orzamentos foi publicada "sen apenas modificacións respecto do anteproxecto". Neste escenario, e tras varias asembleas, o sindicato acordou impugnar a lei ante o Tribunal Constitucional, a través dun recurso colectivo que será efectivo nos próximos días.

Manifestación de profesorado
Manifestación de profesorado | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta