Ferida unha muller tras caerlle unha árbore enriba en Poio

Podía presentar algunha fractura pero atopábase en bo estado cando foi trasladada ao centro hospitalario.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/07/2025 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida o mediodía deste xoves ao caerlle unha árbore enriba e quedar atrapada en Poio. Unha vez liberada, foi trasladada a un centro hospitalario. Segundo informan o 112 Galicia e testemuñas presenciais, o aviso dábano varias persoas particulares sobre as 12.15 horas desde a rúa río Lérez, nas inmediacións do Liceo Casino.

Seguidamente, a central de emerxencias informaba ao GES de Sanxenxo, aos bombeiros de Pontevedra, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Poio. Unha vez alí, os equipos de emerxencias traballaron para liberar á muller, que podía presentar algunha fractura pero atopábase en bo estado. Foi atendida no sitio polo persoal de Urxencias Sanitarias-061 antes de trasladala ao hospital.

Ambulancia do 061, Urxencias Sanitarias
Ambulancia do 061, Urxencias Sanitarias | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta