Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/10/2025 | Actualizada ás 20:44
Comeza a conta atrás para 'O Son do Camiño 2026', "o único macrofestival que acadou facer sold out en todas e cada unha das súas edicións desde o seu nacemento en 2018", comentan dende a organización.
Tras unha traxectoria imparable que o posicionou como un dos eventos musicais imprescindibles do calendario nacional, o festival xa quenta motores para unha nova edición que promete volver bater récords de asistencia, repercusión e calidade artística.
Dende a organización traballan xa na contratación e en breve anunciarán xa aos primeiros artistas, esperando como é habitual, un cartel de primeiro nivel que sitúe de novo a Galicia no centro do mapa musical europeo. O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.
O Son do Camiño é un festival creado e producido por Bring The Noise e Esmerarte Industrias Creativas, dúas empresas galegas que impulsan o talento e a industria cultural apostando por propostas locais e demostrando a súa capacidade para traer a Galicia artistas de nivel internacional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.