A versión de Benigno Sánchez sobre o convenio colectivo da CRTVG

O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, lamentou hoxe que non fora refrendado o convenio colectivo que él tiña acordado "por primeira vez na historia" do Ente público cos catro sindicatos; CIG, UXT, CCOO e USO. Por iso, se solidarizou cos sindicalistas que demitiron do Comité de Empresa, aínda que non se considera responsable de que dous tercios dos traballadores teñan rexeitado o convenio en referendum...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/11/2006 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O resultado do referendum non se nos pode impor a nós. Nós non podemos negociar cos 950 traballadores do Ente. Sería ilegal. Para iso hai uns sindicatos, que son os representantes legais dos traballadores e son con eles cos que temos que negociar.

Somos solidarios cos sindicatos que teñen demitido porque todos apostamos por un mesmo proxecto. É unha decisión que lles honra... Non podíamos tormar responsabilidades como se houbera un sindicato vertical. Xa non estamos na época de Franco".

Diego Calvo do PP: "Cómo pode explicar que un convenio colectivo fora rexeitado tan mairoitariamente?... Só foi apoiado polo 20% dos traballadores, o que significa que lle presentaron unha auténtica moción de censura. E cales son as previsións para o 2007?... Os representantes dos comités xa demitiron e, onde están as responsabilidades da dirección?".

María Xosé Vega Buxán do BNG: "O PP deixou un patatal na CRTVG onde, en moitos informativos, e isto seino por xente que lle tocou, se chegou a apartar a redactores para ser substituidos por persoas afíns ao PP con contratos en prácticas. Hai que ser máis prudentes neste tema".

Luis Toxo do PSdeG: "O PPdeG puxo a TVG ao servizo dos que mandaban e iso evidencia unha falta de independencia. É sinxelo correxir estas malas prácticas e hai que seguir facendo o esforzo que xa se está facendo agora".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

8 crtvg

Parece que o Director Xeral do Ente público non ten memoria, dicir que esta era a primeira vez que se firma un convenio cos catros sindicatos, e como non ter nin puta idea, ou querer sacar tallada disto, como por exemplo acoller a certos sindicalistas que si non saen mal o van apasar para poñerse a traballar despois de mási de 10 anos. Benigno Sanchez, todos os convenio firmados na CRTVG, eforn mási de 4 foron firmados por todos os sindicatos, CCOO, UXT, CIG e USO, e si non vete a mirar nos expedientes correspondetes e asi se comprobará.

7 ajo

vega bujan, non insultes á xente de pr,acticas, que cara mais dura! que doado é abusar dos débiles! que escándalo! nas redaccios hai mercenarios como en toda-las empresas, de toda índole, dende tipográficas ata do textil. Non é precisamente a xente con contratos en prácticas a culpabel de nada, e menos de intoxicacios políticas ou informativas. Certo é que hai casos de informacios sesgadas, redactadas por xente de prácticas,; pero que esperas? o culpabel é o xefe ou xefa que lle obriga, so .

6 No cambié

Este señor ,por chamarlle algo,está ós biosbardos.O PP si que deixou todo manga por ombro.
Sobre todo a traballadores que lle deron moitas horas da súa vida a empresa.Paco Campos non convocou oposicións nos dez anos que estivo ó mando,por non complicarse a vida e porque no fondo non lle importabamos ninguén.
Señora Vega Buxán se tan informada está diga nomes , non teña medo .Pero sabe ben que está dicindo mentiras .Os contratados entraron por diversos motivos :porque o facían ben no seu período de prácticas , na maioría dos casos .Había eso si preferencia por contratar os que estaban de becarios na casa.Pero outras veces facíanse castings e se collía ós mellores.¿Qué había algún recomendado? Seguro .Pero non era do PP . aínda que o recomendara o PP , e si eran do PSOE e o BNG cando eran estas duas forzas as que recomendaban.
Igualiño que agora.Acaba de convocarse un proba para un contrato de prácticas na radio e na TVG e os dous teñen nome e apelidos.
Pero mire vostede , señora do BNG , a diferencia está nas formas.
Que diga alguén dos contratados actuais e dos fixos se algunha vez foron ameazados e humillados como ocorre agora.
E da censura?.!Por favor!Non sei como non se lles cae a cara de vergonza cando afirman que as cousas melloraron.Seguimos igual pero cambiaron os protagonistas e sobre todo cambiou a calidade na elaboración das novas e na organización.
Todo o mundo , ata os amiguiños dos xefes, afirman que isto é un desbaraxuste onde a ninguén lle importa un pito nada , agás a información política.
Todo o que criticaron o repiten con saña e sen disimulo.A única diferencia e que ninguén protesta por nada porque están literalmente acollonados e porque calquera que se atreva a criticar é considerado un inimigo e un facha.
Señor Director Xeral¿A quen pretende enganar?.Aínda que vostede non se entere de nada todo se sabe.Saben as delegacións que vostedes renunciaron a sacar a concurso a praza de Vigo porque ó PP se opuxo a tal falcatruada, non fixeron nada de máis por certo.Pero tanto me ten que apoien ós traballadores por conveniencia porque o certo é que de momento só os temos a eles para evitar que nos masacren.
O convenio rexeitamolo todos pero en moita maior proporción os fixos , máis ou menos 400 contra 200.
NOn o queren recoñecer pero todo Dios o sabe.Votouse en contra do convenio porque era unha auténtica chafallada.Eso sí dáballe moito poder ós sindicatos pero os traballadores fodios máis ca nunca.
Tamén se votou en contra por cansanzo e xenreira a moitos membros do comité, auténticos impresentables que siguen fachendeandose polas redaccións.
Atentos compañeiros porque os nosos sindicalistas estanse rearmando e preparando novas listas con caras novas que non son máis que sicarios dos derrotados.
Haberá que estar atentos.Van levar unha boa sorpresa se cren que tódolos parvos-as que lles sonreimos por medo ímolos votar .Ja,ja,ja.
Ten razón Giana co das listas, se iste fora un país serio o xefe de persoal xa estaría no cárcere por enganar a 9.000 persoas .Pero nin se molestaron en dar explicacións ¿para qué?se están por riba do ben e do mal.Pero tantas persoas cabreadas son moitos votiños ou moita abstención de Dios.
E os do PP fan ben en pedir explicacións do ocorrido co convenio.¿hai algo máis fascista que negarlle a oposición o dereito a criticar e pedir demisións ?.
Porqué non explicou don Benigno cales eran os grandes logros do convenio?Ó mellor convencía o Parlamento de que os traballadores somos tan parvos que votamos contra algo que nos beneficia.Pero eu non lle pido a demisión polo varapao que recibíu.Pídolla por mentir, enganar,non saber facer equipo, por desprezar os xefes que lle impuxeron , por falar mal deles a menor ocasión , por permitir ameazas e discriminacións. En fin por, deixar que vaian pasando os dias sen arranxar nada do que prometeron , por se-lo cuilpable do desánimo e desinterese que cunde entre o persoal.Por todo iso si debería demitir.

5 xx

a diego calvo: la moción de censura fué al comité, so !

4 venselleascaras

Malo, malo, malo...cando o director xeral ten que saír a socorre-los sindicalistas...algo cheira a podre... Pintan malos tempos para os traballadores. Pena de oportunidade de face-las cousas ben dunha vez.