Temas: XUNTA CPXG

O CPXG lamenta o peche de Vía V e teme pola reestruturación de V Televisión

Lémbralle á Xunta que debe ser a garante de que se cumpran as condicións nas que se desenvolven as concesións de frecuencias de radio e televisión.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/12/2016 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o remate do programa de debate Vía V, de V Televisión, polo que supón de peche dunha “fiestra de pluralismo no panorama televisivo galego”.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

A través dun comunicado o CPXG refírese á información publicada este xoves por GC na que apunta a unha reestruturación de Voz TV logo do peche do programa Vía V que presentaba a directora da canle, Fernanda Tabarés. Así,  destaca que “non deixa de ser unha perda” que se clausure un programa de debate nunha das dúas únicas canles de ámbito autonómico que existen en Galicia,. Aínda que recoñece que a dirección de calquera cadea ten o dereito de definir a súa grella “como considere axeitado aos seus obxectivos”.

Así mesmo, suliña que a renuncia voluntaria ao buque insignia da programación da cadea "non fai abrigar esperanzas" sobre que o modelo de reestruturación que emprenderá V Televisión vaia reforzar a profesionalidade e o emprego no medio. “Por iso, solidarizámonos co equipo de Vía V e agardamos que as reformas da cadea supoñan a medio prazo a súa consolidación”, indica.

Neste sentido, lémbralle á Xunta que debe ser a garante de que se cumpran as condicións nas que se desenvolven as concesións de frecuencias de radio e televisión, e que a outra canle televisiva de ámbito galego concedida no seu momento –Popular TV- está inactiva desde hai anos, o que é motivo máis que suficiente para o seu rescate.

Fernanda Tabarés, presentadora de Vía TV
Fernanda Tabarés, presentadora de Vía TV | Fonte: Vtelevisión
Temas: XUNTA CPXG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Aki

"fiestra de pluralismo" Igualito que o dos corporativista estes colexiados e ben alimentados polo poder.