Mar destina case 140.000 euros en poñer a punto o novo método para detectar toxinas paralizantes en bivalvos

A Consellería do Mar destina case 140.000 euros na posta a punto do novo método químico para detectar toxinas paralizantes en bivalvos, co fin de adaptarse ás esixencias da Unión Europea.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2017 | Actualizada ás 18:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar destina case 140.000 euros na posta a punto do novo método químico para detectar toxinas paralizantes en bivalvos, co fin de adaptarse ás esixencias da Unión Europea.

Un informe analizado este xoves polo Consello da Xunta recolle os resultados dos primeiros ochos meses de vixencia da investigación denominada 'DeMeTox' para o uso do novo método de referencia, que se coñece cientificamente como cromatografía líquida de alta eficacia con oxidación precolumna e detección por fluorescencia.

Esta iniciativa investigadora desenvólvese conxuntamente entre o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) e o Centro de Investigacións Mariñas (CUME) -ambos os dous organismos dependentes da Consellería do Mar-, e traballarase nela ata maio de 2019.

A Comisión Europea substituirá este ano o método de referencia para as analíticas da toxina paralizante nos moluscos bivalvos, designando como técnica de referencia un método químico en lugar do que se empregou.

Por este motivo, a Consellería do Mar traballa dende maio do pasado ano na adaptación a esta técnica para aplicala con garantías. Así mesmo, os resultados que se desprendan da investigación tamén servirán para perfeccionar e mellorar a aplicación do método químico de detección de toxinas lipofílicas (diarreicas) que se emprega na actualidade no programa de control que se leva a cabo en Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta