O alcalde de Meira (Lugo) cre que a veciña desaparecida hai case un mes pode estar "en calquera silveira"

O alcalde de Meira, Antonio de Dios, mostrouse este luns convencido de que a anciá que falta da súa casa en Murias desde hai case un mes pode estar "en calquera silveira".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2017 | Actualizada ás 14:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Meira, Antonio de Dios, mostrouse este luns convencido de que a anciá que falta da súa casa en Murias desde hai case un mes pode estar "en calquera silveira".

Oliva López, unha viúva de 85 anos que vivía soa, foi vista por última vez o luns 16 de xaneiro sobre as 20,30 horas. Ás 10,15 horas do martes, cando foi o carteiro, non se atopaba no seu domicilio.

Ese mesmo día, o 16, estivo nunha mercería de Meira sobre as 11,30 horas e ás 12,00 horas estaba de volta no seu domicilio, a uns oito quilómetros de distancia. Así pois, o interrogante reside en quen a puido levar de volta a casa.

"Eu penso que a señora está perdida. Cinco ou seis semanas antes de desaparecer estivo diante do meu bazar e vina algo despistada, e comuniqueillo á familia", sinalou o alcalde.

Antonio de Dios está convencido "case ao 100% de que está desaparecida" e, así, "se cadra está en calquera silveira".

MENOS "INTENSIDADE" NO RASTREXO

Ademais, relatou como na súa procura "baleiráronse fosas de xurro e rozouse a man e con tractores".

"Téñolle que agradecer aos veciños, á xente que se incorporou aquí de Protección Civil da Fonsagrada, da Pontenova, de Meira e á xente de Lugo que nos axudaron a rastrexar, e iso non se paga con nada", destacou.

Finalmente, recoñeceu que se baixou en "intensidade" en canto aos labores de rastrexo. "Séguese con menos intensidade, pero a Garda Civil está a portarse xenial. O coronel e o capitán chámanme cada dous ou tres días e teñen sempre unha ou dúas parellas por aí", significou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta