Atinou a Xunta coa publicidade do Xacobeo?

“Ahora es cuándo, Galicia es dónde” é a versión castelán da frase principal macrocampaña de publicidade que o Goberno Galego estrou o 25 de Nadal deseñada pola axencia madrileña Ruiz Nicoli.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/12/2009 | Actualizada ás 06:15

Comparte esta noticia

Nos carteis distribuídos entre os medios impresos o slogan aparece con tiles. O dicionario da Real Academia Española indica que estas palabras (“cuándo” e “dónde”) só se deben acentuar cando teñen función interrogativa.

None

Para máis confusión, en varios foros de publicistas asegúrase que hai vallas publicitarias nas que aparece o slogan en castelán sen acentos. Por exemplo na T4 do Aeroporto de Barajas pode lerse “Ahora es cuando, Galicia es donde”. Así se denuncia, por exemplo, en Expreso y en  Puromarketing.com.

No sector da publicidade galego molestou que unha axencia madrileña, Ruiz Nicoli, levase a creatividade do Xacobeo, cando eran numerosas as compañías do país que se presentaron ao concurso e, en teoría, coñecían mellor que elementos vender do Ano Santo.

En todo caso, a Xunta prometeu que vai inxerir o anuncio en todos os diarios galegos e españois o último día do ano. Na televisión xa se pode ver un anuncio realizado pola tamén madrileña Gracia Querejeta.

 

Por outra banda, o alcalde de Santiago (o socialista Sánchez Bugallo)  xa expresou o seu malestar porque nin o slogan nin os carteis fan mención concreta á cidade de Compostela. A Xunta responde que a intención é facer que toda Galicia se beneficie, non só a capital.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

13 cCCcccc

A Feijóo non lle gusta Compostela. Chove moito alí e hai que andar con tino de non manchar o impóluto traxe. Ademáis o peor de Compostela é que hai moita xente que fala galego. Iso para él é detestable. Ter que escoitar pola rúa ás señoras falando galego. Con lo bien que estaba él en Madrid de fiesta guay en fiesta guay gastando ese acento tan castizo que se le había pegado y que era lo más de lo más. Las fiestas pijas, los ambientes fashion, las comidas FAES.. Cuánto los echa de menos¡. Compostela para él es un coñazo. Si vós lo sacas de Sanjenjo pues como que no se encuentra en su ambiente..

12 Portuguesa

Isto , pasa cando se mesturan as temporas co Cú , que carallo sabra feijóo de Compostela , do camiño e do xacobeo , o único que coñece de Compostela e ir dende os Maristas " Vista Alegre" a facultade de dereito e a sede do PP en Alfredo Brañas alí xa o Ave María ,xa o colleu da súa man , levouno aos exercicios espirutuales da Obra a poñer o cilicio correctamente . Puto País , así nos vai con istos mais galegos co toxo e que se avergoñan da súa fala.

11 Pedro

Pois eu non sei nin o da marmelada, nin a contestación á pregunta de Alberto na sua páxina, nin a resposta ao que di CHUaa. Alguén pode informar a pailáns coma min?

10 CHUaa

E xa que Alberto pon un xeroglífico ben fácil na súa web, eu poño outro ben fácil aquí: ¿Que membro do goberno actual do PP pronunciou estas xa "famosas" palabras ao acceder ao cargo?. "Yo vengo a Galicia a forrarme y a largarme". (é moi fácil). Supoño que "Por Alberto" respondería á primeira.

9 cHUaa

¿Pero de qué vai o da marmelada?. E que non o pillo. Non pode ninguén explIcarmo. Eu dinlle voltas agora e antes de agora e despois de agora e a marmelada sabía aquí igual que en Madrid. Non o pillo. Supoño que a pregunta de Alberto en http://omnia-res.blogspot.com/ sabe respondela todo o mundo. Hai outras preguntas similares un pouco máis dificiles por isto dos xogos de despiste. Pero o da marmelada eu de verdade que non o pillo.