Tensión na TVG

O produtor de 'Reporteiros', casado coa directora da TVG, chega ás mans cun redactor do programa. Os implicados restan importancia ao acontecido.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/04/2010 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Manuel Gómez, productor do programa 'Reporteiros', e o coñecido xornalista e redactor dese mesmo programa, Manuel Pampín, chegaron este martes ás mans logo de protagonizar unha acalorada discusión na redacción.

Segundo as fontes consultadas por GC, a discusión comezou cando Gómez rexeitou a petición de Pampin que reclamara unha cámara para ir a gravar imaxes para unhas das reportaxes deste programa. Entón deu inicio a unha discusión cun intercambio de duros reproches que acabou en empuxóns, con Pampín cun rabuñazo e co ex xefe de Producción, Daniel Piñeiro, cun golpe propinado por Gómez mentres tentaba separar aos dous profesionais.

None

"discusión normal"

Se algúns dos implicados denuncia a situación, a dirección da TVG podería abrir sendos expedientes por comportamentos graves na empresa. Dase a circunstancia de que, de abrir estas dilixencias, a directora da TVG tería que sancionar ao seu home. Con todo, probablemente a discusión non pasará a máis porque ningún dos implicados está interesado en dar "máis propaganda" ao que consideran unha "discusión normal" de traballo. Tampouco ningún dos dous pediu a mediación dos sindicatos da CRTVG. "Discutimos por unha cuestión de operatividade diaria pero aos dez minutos xa estabamos sentados os dous un fronte ao outro, coma sempre", apunta Pampín a este medio. O programa Reporteiros está dirixido por Manolo Maceiras, que esa tamén casado coa directora de informativos, Pilar Bermúdez.

"Guerra civil"

Xornalistas da TVG consultados aseguran que a situación na CRTVG está "moi tensa" e o incidente de hoxe non é máis que a "expresión desa tensión". "O caos da nova dirección e a incertidume das oposición están creandoun caldo de cultivo que pode acabar nunha autentica guerra civil", apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

25 PEPIÑO

HOME : TENTAR RELACIONAR ESTE INCIDENTE COA "TENSIÓN" QUE HAI NA CRTVG, NON É DE RECIBO. ESO SI QUE MERECE UNHAS LABAZADAS. ALGUÉN LLE COLOU UNHA POLA ESCADRA A GALICIA CONFIDENCIAL. E PRONTO SAIRÁN "OUTRAS VACAS NO MILLO" CULPANDO DA LEA Ó COMITÉ, VEREDES.

24 We Are Family

Y eso que se les ve felices en la foto del programa...

23 LeñaCarallo

Tiñan que acabar todos a ostia limpia ata acabar uns cos outros e despois prenderlle lume a todo e facer unha tele nova con oposicións e esas cousas...

22 lafamiliaeslafamilia

Eu de sser o director da CRTVG poñería unha cámara en cada redacción e faría un seguimento as 24 horas do día e despois faría un "Gran Curmán"... Seica van cambiar as bases das oposicións e agora tes que demostrar certo grado de consanguinidade con algún dos traballadores da crtvg, van suprimir o departamento de recursos humanos por un psicólogo de orientación familiar e van suprimir a proba de galego por outra de kik boxing... eu polo de pronto voume ir deixando as uñas longas por si tengo que arrabuñar a algún compañero que no me deje alguna cámara...

21 triste

Mal exemplo para o audiovisual.triste.