Tensión na TVG

O produtor de 'Reporteiros', casado coa directora da TVG, chega ás mans cun redactor do programa. Os implicados restan importancia ao acontecido.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/04/2010 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Manuel Gómez, productor do programa 'Reporteiros', e o coñecido xornalista e redactor dese mesmo programa, Manuel Pampín, chegaron este martes ás mans logo de protagonizar unha acalorada discusión na redacción.

Segundo as fontes consultadas por GC, a discusión comezou cando Gómez rexeitou a petición de Pampin que reclamara unha cámara para ir a gravar imaxes para unhas das reportaxes deste programa. Entón deu inicio a unha discusión cun intercambio de duros reproches que acabou en empuxóns, con Pampín cun rabuñazo e co ex xefe de Producción, Daniel Piñeiro, cun golpe propinado por Gómez mentres tentaba separar aos dous profesionais.

None

"discusión normal"

Se algúns dos implicados denuncia a situación, a dirección da TVG podería abrir sendos expedientes por comportamentos graves na empresa. Dase a circunstancia de que, de abrir estas dilixencias, a directora da TVG tería que sancionar ao seu home. Con todo, probablemente a discusión non pasará a máis porque ningún dos implicados está interesado en dar "máis propaganda" ao que consideran unha "discusión normal" de traballo. Tampouco ningún dos dous pediu a mediación dos sindicatos da CRTVG. "Discutimos por unha cuestión de operatividade diaria pero aos dez minutos xa estabamos sentados os dous un fronte ao outro, coma sempre", apunta Pampín a este medio. O programa Reporteiros está dirixido por Manolo Maceiras, que esa tamén casado coa directora de informativos, Pilar Bermúdez.

"Guerra civil"

Xornalistas da TVG consultados aseguran que a situación na CRTVG está "moi tensa" e o incidente de hoxe non é máis que a "expresión desa tensión". "O caos da nova dirección e a incertidume das oposición están creandoun caldo de cultivo que pode acabar nunha autentica guerra civil", apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

20 Normalidade

"Normalidade" é que os traballadores resolvan a hostias as súas diferenzas e que un deles acabe en Urxencias. "Normalidade" e que os maridos "con-sorte" ocupen postes de responsabiilidade con un plus de responsabilidade para dirixir "irresponsablemente" un programa. "Normalidade" é que o PP criticase a Roberto Cid por darlle un posto a súa dona, pero que agora vexa como natural que os maridos "con-sorte" reciban agora pluses mais grandes. Por debaixo da "normalidade" está retrucarlle o marido da xefa...

19 ocarallo29

¿esto é o que se chama violencia doméstica?

18 VIVA O NEPOTISMO

O máis grave que se desprende disto dende logo que non é unha chorrada de discusión entre dous traballadores: vaia forma de colocar a familia nunha empresa pública, e ademais en postos de responsabilidade. Por aí é por onde habería que abrir os expedientes.

17 Benito

El blog? La realidad sera lo que se parece a un Salvame o a un Tomate, Don Ramon.

16 compañeiro

Quede claro a gran persoa e xornalista que e pampin. que ninguen o dubide.