Tensión na TVG

O produtor de 'Reporteiros', casado coa directora da TVG, chega ás mans cun redactor do programa. Os implicados restan importancia ao acontecido.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/04/2010 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Manuel Gómez, productor do programa 'Reporteiros', e o coñecido xornalista e redactor dese mesmo programa, Manuel Pampín, chegaron este martes ás mans logo de protagonizar unha acalorada discusión na redacción.

Segundo as fontes consultadas por GC, a discusión comezou cando Gómez rexeitou a petición de Pampin que reclamara unha cámara para ir a gravar imaxes para unhas das reportaxes deste programa. Entón deu inicio a unha discusión cun intercambio de duros reproches que acabou en empuxóns, con Pampín cun rabuñazo e co ex xefe de Producción, Daniel Piñeiro, cun golpe propinado por Gómez mentres tentaba separar aos dous profesionais.

None

"discusión normal"

Se algúns dos implicados denuncia a situación, a dirección da TVG podería abrir sendos expedientes por comportamentos graves na empresa. Dase a circunstancia de que, de abrir estas dilixencias, a directora da TVG tería que sancionar ao seu home. Con todo, probablemente a discusión non pasará a máis porque ningún dos implicados está interesado en dar "máis propaganda" ao que consideran unha "discusión normal" de traballo. Tampouco ningún dos dous pediu a mediación dos sindicatos da CRTVG. "Discutimos por unha cuestión de operatividade diaria pero aos dez minutos xa estabamos sentados os dous un fronte ao outro, coma sempre", apunta Pampín a este medio. O programa Reporteiros está dirixido por Manolo Maceiras, que esa tamén casado coa directora de informativos, Pilar Bermúdez.

"Guerra civil"

Xornalistas da TVG consultados aseguran que a situación na CRTVG está "moi tensa" e o incidente de hoxe non é máis que a "expresión desa tensión". "O caos da nova dirección e a incertidume das oposición están creandoun caldo de cultivo que pode acabar nunha autentica guerra civil", apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

15 Ramon

Este blog parécese cada vez máis ao Sálvame Deluxe

14 Lopez

Menudo matriarcado infame, solo falta a Sierra desde San Caetano co mando a distancia. Estes ainda van a facer o cleptómano do Barciela e a súa colección airgamboys.

13 caladiño

que peniña e o feijoo cala xa poñer a rosiña non foi moi dorado porque ver esto non se pode permitir, claro antes non rascaba bola sempre de baixa e agora traballa para manter ao consorte e aos amigos.Feijoo xa va sendo hora que mandes un poquiño esta o Hermida que ven te fixo a entrevista verdade?

12 haiqueroelo

CONTENTIÑOS EH! Tes razón nunha parte do teu comentario. O outro que mediou na trifulca caracterízouse durante o seu mandato en Producción por ser un maleducado e maltratador do persoal, pero dahí a dicir que Manolón é unha boa persoa....hai moito. Pampín sí é bo tipo, pero se ten que ser sancionado duramente polo que é unha falta grave....adiante. Él e mailo o consorte. O que pasou non se pode consentir nin deixar pasar sen máis. Sería un mal exemplo para o resto dos traballadores.

11 CONTETIÑOS EH?

Que bien os salió todo, estais contetiños eh? trifulca en TVG, con las "testemuñas presenciais" de dos es-jefes del gobierno bipolar. Nada más y nada menos que dos de las personas mas maleducadas que pasaron por la TVG y que peor trataron al personal con sus gritos y persecuciones al mas puro estilo fascista. De todos modos, es una pena que esta noticie la protagonicen dos muy buenas personas. Lo siento de verdad...