Tensión na TVG

O produtor de 'Reporteiros', casado coa directora da TVG, chega ás mans cun redactor do programa. Os implicados restan importancia ao acontecido.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/04/2010 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Manuel Gómez, productor do programa 'Reporteiros', e o coñecido xornalista e redactor dese mesmo programa, Manuel Pampín, chegaron este martes ás mans logo de protagonizar unha acalorada discusión na redacción.

Segundo as fontes consultadas por GC, a discusión comezou cando Gómez rexeitou a petición de Pampin que reclamara unha cámara para ir a gravar imaxes para unhas das reportaxes deste programa. Entón deu inicio a unha discusión cun intercambio de duros reproches que acabou en empuxóns, con Pampín cun rabuñazo e co ex xefe de Producción, Daniel Piñeiro, cun golpe propinado por Gómez mentres tentaba separar aos dous profesionais.

None

"discusión normal"

Se algúns dos implicados denuncia a situación, a dirección da TVG podería abrir sendos expedientes por comportamentos graves na empresa. Dase a circunstancia de que, de abrir estas dilixencias, a directora da TVG tería que sancionar ao seu home. Con todo, probablemente a discusión non pasará a máis porque ningún dos implicados está interesado en dar "máis propaganda" ao que consideran unha "discusión normal" de traballo. Tampouco ningún dos dous pediu a mediación dos sindicatos da CRTVG. "Discutimos por unha cuestión de operatividade diaria pero aos dez minutos xa estabamos sentados os dous un fronte ao outro, coma sempre", apunta Pampín a este medio. O programa Reporteiros está dirixido por Manolo Maceiras, que esa tamén casado coa directora de informativos, Pilar Bermúdez.

"Guerra civil"

Xornalistas da TVG consultados aseguran que a situación na CRTVG está "moi tensa" e o incidente de hoxe non é máis que a "expresión desa tensión". "O caos da nova dirección e a incertidume das oposición están creandoun caldo de cultivo que pode acabar nunha autentica guerra civil", apuntan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

10 Escéptico

A ver, a ver, a ver... Según leo, el marido de la jefa de informativos, director del programa, y el marido de la directora de TVG, Rosa Vilas, jefe de producción. ¿Patrocina acaso el espacio la Diputación de Ourense? Ah, no, que estos son los chicos de Alberto! Vaya, Vaya! Y este chico de Os Peares era el que iba a regenerar los medios públicos. Alucinante!

9 Manzaneiras

Non é a primeira bronca do "director consorte". Desde que está nese programa xa lle levantou a voz a todos os que traballan alí, redactores, cámaras... Ata agora a cousa non chegara a maiores porque o resto dos seus compañeiros son máis educados ca el e non se dedican a berrar no medio da redacción. ¿Por que este tío, coñecido en toda a casa pola súa incompetencia, foi posto como productor do que en teoría é o "informativo de calidade" da TVG?

8 ¿sorpresa?

Este ya fue condenado mas de una vez en los juzgados por agresión, una productora de TVG sufrió intento de agresión por parte de este "señor",la gran mayoría de los trabajadores conocen su carácter violento escudándose en los galones de "su hembra" ¿sufrirá la "pobre" en sus carnes tanta delicadeza? Pues nada nada llama al 016

7 Deivik

Nada máis que un apuntamento, Daniel Piñeiro foi Xefe de Produción non Director.

6 sandokán

Ai, Rosiña, Rosiña, xira un pouco o pescozo e mira, que podes pillar unha tortícule de carallo :)))