Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/05/2010 | Actualizada ás 13:48
O xornal Galicia Confidencial segue innovando o seu deseño desde que saíu, co novo formato, o pasado 12 de decembro. Logo de poñer en marcha a versión móbil hai unhas semanas, volve á carga cun novo sistema de comentarios pioneiro nos medios dixitais de Galicia.
O novo sistema está baseado na experiencia das redes sociais e está concebido para que haxa máis feedback entre os lectores e poidan respostarse uns aos outros. Trátase, polo tanto, de acadar máis interactividade entre os comentaristas para conseguir que o GC se convirta nun auténtico foro social.
Medio en alza
Galicia Confidencial deu un salto no seu deseño e actualización este inverno. A resposta do público foi moi positiva, multiplicando os seus usuarios únicos a unha media superior aos 2.000 ao día, chegando mesmo a picos de case 6.000 lectores.
Neste tempo, galiciaconfidencial.com publicou importantes primicias da actualidade galega, como as primeiras declaracións de Antonio Rodríguez Miranda (PPdeG) sobre a polémica das dietas no Parlamento; a multiplicación de adxudicacións da Xunta á Atos Origin, consultora na que é directiva unha sobriña do ex-ministro Romay Beccaría ou o famoso video de Feijóo nunha cea benéfica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.