Por Galicia Confidencial | A Estrada | 17/07/2017 | Actualizada ás 09:49
O grupo político Móvete reclama convocatoria dunha Comisión no Concello da Estrada que aporte os datos sobre as adxudicacións a Ricarsat e datos das relacións comerciais entre a Funciación Cultural e as empresas relacionadas con Carlos Faílde, o xa ex coordinador de Protección Civil do concello, que dimitiu tras publicarse que é propietario de empresas adxudicatarias de contratos de administracións públicas como a sociedade Ricarsat S.L. , da que é propietario desde o 30 de xaneiro de 2014.
"É o propio goberno, amigo de Carlos Faílde, quen máis está a prexudicar ao empresario, ao facerlle unha defensa máis inspirada na figura de Torrente, el brazo tonto de ley, que na novela de fantasía escrita polo estadounidense George R. R. Martin", ironizou a voceira deste grupo, Mar Blanco.
Por iso, Móvete esíxelle ao goberno municipal que se deixe de "tanta bravuconería" e que cumpla coa normativa vixente en materia de Transparencia. Así, criticou que o teniente de Alcalde saíra en rolda de prensa decindo que considera que Ricarsat e Emersafe cumplen as condicións que recolle o informe de Secretaría sobre contratacións co sector público e acusando á oposición de cacería política. "A gravidade deste asunto require de maior rigor na información, constatar datos oficiais e responder cara a cara tódalas cuestións que formule a oposición", afirmou.
Así, indicou que o proceder do Goberno no caso Faílde mostra "nerviosismo e falta de cultura democrática". "O empeño por escudarse en informes de secretaría antes de que a oposición teña a oportunidade de estudalos, e saír públicamente difamando sobre os voceirxs dos grupos da oposición, non é propio dun goberno responsable, con intención de aclarar o fondo de todo este asunto", dixo.
Críticas á oposición
Pola súa banda, o tenente de alcalde da Estrada, Juan Constenla, denunciou que esta situación "foi orquestrada de forma artificial para levar a cabo unha cazaría política", cunha oposición que "quere manter unha sombra ao redor do traballador municipal Carlos Faílde unha sombra que non ten ningunha xustificación".
Así, insistiu en que é "unha cazaría" de PSOE, Móvete e BNG contra o alcalde José López, o goberno local e o PP, e da que Faílde foi "un dano colateral".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.