Por Galicia Confidencial | Boiro | 28/12/2010 | Actualizada ás 17:53
"Si en las próximas elecciones estos señores repiten mandato, yo me voy de Boiro. Si yo soy la persona odiada, vosotros no tenéis que pagar las consecuencias, no voy a consentir que paguen justos por pecadores. Lo digo muy seriamente y muy responsablemente". Así de contundente se amosou Jesús Alonso, presidente do grupo Jealsa-Rianxeira, ao referirse ao bipartito que goberna este concello coruñés.
O órdago quedaría en nada sen non fora porque Alonso foi ex alcalde de Boiro co PP e porque estas declaracións fíxoas durante a tracional cea de Nadal diante de dúcias de traballadores. Así, no seu discurso, criticou ao alcalde, o nacionalista Xosé Deira, por non conceder a unha filial do grupo, Boinersa, o permiso de actividade e acusouno de "no respetar el Estado de Derecho".
Non "hai emprego"
Neste sentido, cargou contra o goberno municipal por, segundo el, non ter creado máis emprego. "Si las cosas marchan mal, muchos de vosotros perderíais los puestos de trabajo. En los casi 8 años de gobierno de la corporación actual no se ha creado una sola empresa en Boiro, y muchas de las que había se han reducido o desaparecido. Así que no me voy a quedar callado de ninguna manera", sinalou.
Apoio ao PP
Alonso rematou o seu discurso, cheo de alusión políticas, dando o seu total apoio ao candidato do PP na localidade, Juan José Dieste. "No os pido solo el voto para él, sino que le ayudemos en la campaña. Él es un economista, con prácticas en nuestra empresa, que no tiene nada que ver con el filósofo o los dos pintantes que le acompañan en el gobierno", dixo do alcalde e dos líderes do PSdeG e ICB, respectivamente.
As verbas de Alonso causaron un terremoto político en Boiro. Tanto que o BNG saíu ao paso cun comunicado tamén moi crítico co presidente de Jealsa-Rianxeira, ao que acusa de "coaccionar aos seus traballadores e condicionalos para que tomen partido polo PPdeG".
Traballadores "coaccionados"
"O Sr. Alonso, agora como antes, estase aproveitando da súa situación de superioridade como empresario para coaccionar aos seus traballadores a que escoiten o que el quere e a condicionalos para que tomen partido polo PP, e isto non o fai nun mitin senón no ámbito da súa empresa. A gravidade das palabras do señor Alonso non son polo que di senón por onde o di: é inevitábel que os traballadores sintan medo polo seu futuro se non fan o que se lles “aconsella”. El sábeo moi ben e aproveitase dun xeito obsceno da súa posición de superioridade", sinalaron os nacionalistas.
Ademais, cargan contra o líder do PPdeG local ao que acusan de ser unha "marioneta" de Alonso e advirten de que se o PP gaña as eleccións o presidente de Jealsa-Rianxeira terá o "poder absoluta dunha vila" porque tería poder político e económico e "propiciaría unha dictadura".
Aclaracións
Por outra banda, e nun mail enviado hoxe a algúns medios, Jealsa-Rianxeira saíu ao paso desta polémica e sinalou que "el mensaje del Presidente, iba dirigido a los trabajadores de la empresa y dejaba claro que lo primero era anteponer la empresa y el bien de la misma. Por supuesto, no se ha amenazado con llevarse la empresa a ningún lado. El que se iría sería él".
Deste xeito, aclara que "no se ha arremetido contra ningún partido político, sino que el Presidente se refería a dos personas concretas". Finalmente, sinala que na empresa conviven máis de 3.500 empregados que teñen "diferentes sensibilidades políticas, religiosas y culturales pero siempre hemos trabajado desde el respeto y la convivencia pacífica".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.