Cando a empresa se convirte en política

ACTUALIZADO... O dono da conserveira Jealsa-Rianxeira e ex alcalde do concello de Boiro, Jesús Alonso, anuncia nunha cea de Nadal que levará a súa empresa a outra localidade se repiten BNG e PSdeG. O bipartito acúsao de manexar ao PP na sombra e a empresa aclara as súas palabras.

Por Galicia Confidencial | Boiro | 28/12/2010 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

"Si en las próximas elecciones estos señores repiten mandato, yo me voy de Boiro. Si yo soy la persona odiada, vosotros no tenéis que pagar las consecuencias, no voy a consentir que paguen justos por pecadores. Lo digo muy seriamente y muy responsablemente". Así de contundente se amosou Jesús Alonso, presidente do grupo Jealsa-Rianxeira, ao referirse ao bipartito que goberna este concello coruñés.

O órdago quedaría en nada sen non fora porque Alonso foi ex alcalde de Boiro co PP e porque estas declaracións fíxoas durante a tracional cea de Nadal diante de dúcias de traballadores. Así, no seu discurso, criticou ao alcalde, o nacionalista Xosé Deira, por non conceder a unha filial do grupo, Boinersa, o permiso de actividade e acusouno de "no respetar el Estado de Derecho".

Non "hai emprego"


Neste sentido, cargou contra o goberno municipal por, segundo el, non ter creado máis emprego. "Si las cosas marchan mal, muchos de vosotros perderíais los puestos de trabajo. En los casi 8 años de gobierno de la corporación actual no se ha creado una sola empresa en Boiro, y muchas de las que había se han reducido o desaparecido. Así que no me voy a quedar callado de ninguna manera", sinalou.

Apoio ao PP


Alonso rematou o seu discurso, cheo de alusión políticas, dando o seu total apoio ao candidato do PP na localidade, Juan José Dieste. "No os pido solo el voto para él, sino que le ayudemos en la campaña. Él es un economista, con prácticas en nuestra empresa, que no tiene nada que ver con el filósofo o los dos pintantes que le acompañan en el gobierno", dixo do alcalde e dos líderes do PSdeG e ICB, respectivamente.

As verbas de Alonso causaron un terremoto político en Boiro. Tanto que o BNG saíu ao paso cun comunicado tamén moi crítico co presidente de Jealsa-Rianxeira, ao que acusa de "coaccionar aos seus traballadores e condicionalos para que tomen partido polo PPdeG".

Traballadores "coaccionados"

"O Sr. Alonso, agora como antes, estase aproveitando da súa situación de superioridade como empresario para coaccionar aos seus traballadores a que escoiten o que el quere e a condicionalos para que tomen partido polo PP, e isto non o fai nun mitin senón no ámbito da súa empresa. A gravidade das palabras do señor Alonso non son polo que di senón por onde o di: é inevitábel que os traballadores sintan medo polo seu futuro se non fan o que se lles “aconsella”. El sábeo moi ben e aproveitase dun xeito obsceno da súa posición de superioridade", sinalaron os nacionalistas.

Ademais, cargan contra o líder do PPdeG local ao que acusan de ser unha "marioneta" de Alonso e advirten de que se o PP gaña as eleccións o presidente de Jealsa-Rianxeira terá o "poder absoluta dunha vila" porque tería poder político e económico e "propiciaría unha dictadura".

None

Aclaracións

Por outra banda, e nun mail enviado hoxe a algúns medios, Jealsa-Rianxeira saíu ao paso desta polémica e sinalou que "el mensaje del Presidente, iba dirigido a los trabajadores de la empresa y dejaba claro que lo primero era anteponer la empresa y el bien de la misma. Por supuesto, no se ha amenazado con llevarse la empresa a ningún lado. El que se iría sería él".

Deste xeito, aclara que "no se ha arremetido contra ningún partido político, sino que el Presidente se refería a dos personas concretas". Finalmente, sinala que na empresa conviven máis de 3.500 empregados que teñen "diferentes sensibilidades políticas, religiosas y culturales pero siempre hemos trabajado desde el respeto y la convivencia pacífica".

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

15 Gamela

Polo que se pode ler este aínda é da vella garda e non sabe como se fan agora as cousas... Poderíamos enviarlle unha nota breve a Jacinto Rey para que lle explique cómo se poden MERCAR políticos e logo facer tódolos negocios que lle pete libres de cargas... Como as 26 máquinas quitaneves que lle mercou Pepiño para cando liciten o aeroporto de Baraxas !!!

14 galleguiño

O que dí don Jesús vai á misa. Non se preocupe señorito que nas próximas non imos votar ó bipartito, faltaría máis señorito, perda coidado señorito. Por certo,... que hai de lo mío?...

13 un calquera

Onde anda Manolo e Manoliño para comentar a nova?

1 Manoliño

¡PRESENTE! Home, a nova ten a súa coña, pero está desmentida porque no comunicado da empresa so se di que o que se vai é o dono. Agora, vós seguide dándovos tormento, que é aínda mais entretido.

2 un calquera

Así me gusta, con disciplina, poñeríaste a camisa azul non?. O único que se atormenta aquí é o probe home este, que se non mandan os seus, marcha do pobo. Menudo atormentado...triste que un ex-alcalde teña esa actitude cos seus colegas actuais no consistorio, non crés?. Ata Aragonés foi máis cabaleiro con Del Bosque que este individuo co alcalde de Boiro....

3 Manoliño

As empresas deslocalízanse. Disque cando se fixo a Autovía do Noroeste un señor con moito carto esixiu que lle fixeran a saída prevista para A Coruña, no polígono de Sabón, e senón lla facían, marchaba. Fixéronlla e se admitiu como un peaxe a pagar. Non sei a que ven que chame tanto a atención esta nova desmentida.PS: a camisa no armario, agora levo unha desas pulseiriñas de coiro que venden os negros por dous paviños, coas cores da bandeiriña española.

4 Teresa

Falas da rotonda do Seixedo, non? E que tal si nos contas a fuxida,(ou foi un abur agarimoso?) do sobriño político dun empresario que, según os ruxeruxe,agora ten moito que ver con Carlos Marcos? Por certo, marchou ese empresario cando tivo problemas co muiño? Manoliño, meu rei, outro dia cóntoche onde está a rúa Bugallal Marchesi.

5 Rayleigh

Desmentida, onde? Se recoñecen que o dixeron. ´Simplemente din que non quixo dicir iso, que se lle malinterpretou. Vamos..o de sempre. Soltades a bomba e como logo se vos escapa das máns, comezades a soltar excusas. Como pasou co xogo mataemigrantes de Catalunya. Así me gusta manoliño. Como recomendan os cánones: Impasible o ademán, fiera a mirada para dalo todo polos amos. jajaja..Ista noticia é o máis parecido o dereito de pernada que vin na miña vida. E non ten coña, rapaz. É moi grave

6 Manoliño

Desmentida aquí, rapaz, que non gaño para sustos contigo: http://www.radiofusion.eu/manager.p... Se din no comunicado que non se van as empresas, e so se vai o dono ¿gostache marear a perdiz nonsi? Hala, talogo.

7 galleguiño

Ten razón manoliño, só dixo que marchaba el, non a empresa. Tamén dixo que algúns empregados tiñamos fillas que eran xa unhas mociñas eh?.. que a ver se llas levamos a presentar ó xefe algún día...non se preocupe señorito que agora mesmo llas levamos...

8 Rayleigh

Si Manolos. Eu lín isa páxina. Pero como di, nela, un intervinte: Corleone non ameazaba. Avisaba. Pois iso. Pero sigo dicindo o mesmo: tirade-la pedra e logo cando a xente dase por aludida, matade-lo mensaxeiro igualiño que co exemplo de Catalunya. O mellor da "explicación" foi que non arremetía contra ningún partido político. Claroooo..din que non queren que estén esas 2 persoas que pertence a uns partidos, pero el non ten nada contra estos..Xa xa. Este señor fixo as contas e saiulle 3500 familias a 2-3 persoas por familia, más parentes...MAIORÍA ABSOLUTA!

9 Rayleigh

E aparte defendes a unha persoa que deixou co cú o aire os seus propios compañeiros de partido. Imaxínaste que sigan gobernando os que están, é decida translada-la empresa polas razóns que sexan? Non me gostaría ser concelleiro do PP nese caso, rapaz. Si es que sodes dun "intelixente" que asustades. Mellor que te contraten a ti nese caso, para que lles expliques a 3500 familias o da "deslocalización".

10 Manoliño

Daaaaate tormento, daaaaaaaate tormento... Pero qué películas te montas ti soíño, para seguir dándolle voltas a un bluf que está desmentido ¿Hay algún problema para os traballadores? Non. Pois entón, ¿que me estás contando?

11 Manoleitor

Manoliño, toma a medicación, que voltas ter problemas de percepción da realidade!

12 Rayleigh

Desmentido?? Aprende a ler rapaz!! Que non desmentiron nada. Simplemente "interpretaron" o que quixo dicir. Que se non se montara o Cristo este, ten por seguro que deixaría cos seus empregados sacaran as conclusións que quixeran. Tamén tes confunsión con quen o di e co lugar no que se di. NON é unha persoa anónima e NON o dixo nunha taberna: Ex do PP, mandamás dese partido en Boiro e Xefe de miles de persoas, na cea de nadal, última antes das eleccións. O pillas ou fágoche un debuxo?

13 marinela

Desmentida a nova? Onde? Volvo a ler: "Si en las próximas elecciones estos señores repiten mandato, yo me voy de Boiro....Si las cosas marchan mal, muchos de vosotros perderíais los puestos de trabajo...No os pido solo el voto para él, sino que le ayudemos en la campaña." Non hai que saber moitos idiomas para saber o que está dicindo, e creo q os empregados entendérono perfectamente. Agora que se fai falta traducímolo, eh?

12 un calquera

De verdade se sorprenden disto?. Acaso o poder do PP en Ourense non ven de facer o mesmo nunha rede de COoperativas ORENsanas dirixidas polo señor Franqueira, presidente da deputación, logo coalición galega, logo victorino nuñez e centristas de Galicia e logo o señor Baltar?. Cando alguén gaña unha maioría absoluta nun pais desenrolado ou ten un brutal apoio mediático ou hai movementos de totalitarismo/caciquismo por detrás apoiándoo. En Galicia é polas dúas cousas. Salvo nas municipais e nas vilas de máis de 10000 habitantes onde é máis difícil ser o cacique único. Vexan se non o mapa municipal do PP...

11 un calquera

A este probe home con cartos, coma a tantos e tantos empresarios do PP, habería que dicirlle que recentemente se premiou ós 28 concellos españois que maís traballo xeraron e mantiveron grazas ás axudas do plan-E. Entre os 28 estaban Madrid, Barcelona, Valencia, Gijón... e un só concello galego BOIRO. Que é un dos 28 concellos de España que máis traballo xeraron en I+D+i coas axudas recibidas nun parque tecnolóxico adaptado ás ciencias do mar. Mire vostede que casualidade¡¡¡.

1 Boiro

Datos ,que es lo que les jode! Iso é certo! Vivo en Boiro e dende que temos a este Gran Alcalde a vida é moito mellor: recuperación de aldeas, peonalización, cultura, fomento do emprego etc. Concello vangardista; comparade con Ribeira (a cidade dos atropelos) ou con A Pobra.