Cando a empresa se convirte en política

ACTUALIZADO... O dono da conserveira Jealsa-Rianxeira e ex alcalde do concello de Boiro, Jesús Alonso, anuncia nunha cea de Nadal que levará a súa empresa a outra localidade se repiten BNG e PSdeG. O bipartito acúsao de manexar ao PP na sombra e a empresa aclara as súas palabras.

Por Galicia Confidencial | Boiro | 28/12/2010 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

"Si en las próximas elecciones estos señores repiten mandato, yo me voy de Boiro. Si yo soy la persona odiada, vosotros no tenéis que pagar las consecuencias, no voy a consentir que paguen justos por pecadores. Lo digo muy seriamente y muy responsablemente". Así de contundente se amosou Jesús Alonso, presidente do grupo Jealsa-Rianxeira, ao referirse ao bipartito que goberna este concello coruñés.

O órdago quedaría en nada sen non fora porque Alonso foi ex alcalde de Boiro co PP e porque estas declaracións fíxoas durante a tracional cea de Nadal diante de dúcias de traballadores. Así, no seu discurso, criticou ao alcalde, o nacionalista Xosé Deira, por non conceder a unha filial do grupo, Boinersa, o permiso de actividade e acusouno de "no respetar el Estado de Derecho".

Non "hai emprego"


Neste sentido, cargou contra o goberno municipal por, segundo el, non ter creado máis emprego. "Si las cosas marchan mal, muchos de vosotros perderíais los puestos de trabajo. En los casi 8 años de gobierno de la corporación actual no se ha creado una sola empresa en Boiro, y muchas de las que había se han reducido o desaparecido. Así que no me voy a quedar callado de ninguna manera", sinalou.

Apoio ao PP


Alonso rematou o seu discurso, cheo de alusión políticas, dando o seu total apoio ao candidato do PP na localidade, Juan José Dieste. "No os pido solo el voto para él, sino que le ayudemos en la campaña. Él es un economista, con prácticas en nuestra empresa, que no tiene nada que ver con el filósofo o los dos pintantes que le acompañan en el gobierno", dixo do alcalde e dos líderes do PSdeG e ICB, respectivamente.

As verbas de Alonso causaron un terremoto político en Boiro. Tanto que o BNG saíu ao paso cun comunicado tamén moi crítico co presidente de Jealsa-Rianxeira, ao que acusa de "coaccionar aos seus traballadores e condicionalos para que tomen partido polo PPdeG".

Traballadores "coaccionados"

"O Sr. Alonso, agora como antes, estase aproveitando da súa situación de superioridade como empresario para coaccionar aos seus traballadores a que escoiten o que el quere e a condicionalos para que tomen partido polo PP, e isto non o fai nun mitin senón no ámbito da súa empresa. A gravidade das palabras do señor Alonso non son polo que di senón por onde o di: é inevitábel que os traballadores sintan medo polo seu futuro se non fan o que se lles “aconsella”. El sábeo moi ben e aproveitase dun xeito obsceno da súa posición de superioridade", sinalaron os nacionalistas.

Ademais, cargan contra o líder do PPdeG local ao que acusan de ser unha "marioneta" de Alonso e advirten de que se o PP gaña as eleccións o presidente de Jealsa-Rianxeira terá o "poder absoluta dunha vila" porque tería poder político e económico e "propiciaría unha dictadura".

None

Aclaracións

Por outra banda, e nun mail enviado hoxe a algúns medios, Jealsa-Rianxeira saíu ao paso desta polémica e sinalou que "el mensaje del Presidente, iba dirigido a los trabajadores de la empresa y dejaba claro que lo primero era anteponer la empresa y el bien de la misma. Por supuesto, no se ha amenazado con llevarse la empresa a ningún lado. El que se iría sería él".

Deste xeito, aclara que "no se ha arremetido contra ningún partido político, sino que el Presidente se refería a dos personas concretas". Finalmente, sinala que na empresa conviven máis de 3.500 empregados que teñen "diferentes sensibilidades políticas, religiosas y culturales pero siempre hemos trabajado desde el respeto y la convivencia pacífica".

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

10 Mastro

Que faga este Sr o que queira. Si se quere meter ainda máis en política que o faga. Ao igual que deixei de comprar Pescanova tamén poido deixar de mercar as marcas de Jealsa-Rianxeira. No problem, aos galegos renegados ningún trato de favor.Nin Pescanova, nin Estrella Galicia até que teñan a sua web nun galego decente, nin si eles queren Jealsa, pro suposto non a La Voz dende fai agora dous anos. Eu non teño ningún problema en comprar outras marcas, o que non vou aturar é que estes mequetrefes me impoñan as suas ideas antigalegas e de antigaleguismo. Teño todo o dereito e así o fago de non comprar aos renegados, quizáis algúns compatriotas galegos non o entendan, pero a estas alturas dáme igual, outros moitos farán o que lles veña en gana e xa poden ter por seguro que akí tamén se vende Super Bock e tamén xornais que non son soporte do PP.

1 Paleto Jallejo

Coño, como podes resistir a vida sen unha Estrella-Starrrr, uns langostinos do Pescanova Captain, unhas sardiñas de Xealsa nin La Voz? Non é moi duro? Arriba, patriotas galegos, a foder o noso porque pensan distinto, a buscar algunha GZ entre o lixo como sexa ou, se non, de Catalunya ou de Euskadi.Euskerri Kasko per la vostra atenció.

2 Caipirinho

Eu tamén fago coma ti, mastro. Hoxe cometín o erro de comprar unha caixa de seis botellas de Alvariño e cando cheguei a casa comprobei que na etqueta puña "Villagarcia de Arosa". Mañán vouna devolver ao super.

9 compostelan

Tal que unha novela do García Marquez, A United Fruit - Jaelsa organizando paternalmente a vida dos cidadans, e decidindo quén come, quén traballa, a quén se vota, e quén goberna. A pesares das moitas subvencions e axudas que reciben, como botan de menos os tempos franquistas nos que eles eran donos e señores de vidas e facendas. Claro que todos somos libres de mercar o que queiramos.

8 Vicente

En El Correo Gallego aparece hoy un artículo sobre jealsa para destacar su gran pujanza, su capacidad empleadora, los beneficios, etc. Además, le dedican una nota positiva en "La Quinta". Me parece muy curioso que tras lanzar ese órdago antidemocrático en esa cena, una auténtica mordaza caciquil a los trabajadores y al pueblo, el diario de Santiago de Compostela salga a limpiarle la cara. ¿Cuánto dinero le dará el empresario al grupo de Rey?

1 Teresa

Googleas? Boinersa.

2 Vicente

Vale, Teresa, pero cuéntame tu lo que ahí no se dice o dime explícame que quieres destacar. Cuando antes hablaba del grupo de Rey me refería al grupo El Correo, de los Barrera.

3 Teresa

Coñeces coma se fai unha trenza? Coñeces coma pagan os futuros clientes, ou xa clientes que solicitan aumento de potencia, de unha distribuidora eléctrica os chamados dereitos de acometida? No fondo das augas hai que buscar....donde están las llaves matarile rile, rile....Sintóo, máis non podo explicar, non son de Ferrol e o meu nome non é Catalina.

7 saña

Boicoteo xa á Jealsa- Rianjera

6 mato

Deixar claro que a familia Alonso non presiona ós seus empregados(a miña muller fai 20 anos que traballa en Rianxeira),non coma no concello de Boiro co tema da policia local .

1 xanciño

Non os presiona, afógaos no caso de non votar o que el manda. O texto é claro demais, e se tes problemas coa policia local debes denuncialos (non deixar caer a cousa -sen datos, nin provas- para tapar as miserias daquel que pretende eliminar o voto libre). As ratas, que as hai no PP, PSOE e BNG, fóra da política.

2 pejigo

que pasa coa policía local de boiro? se stressa porque lles fan cumplir o horario? non deixe as cousas no aire, tire da manta, miña amiga

3 Xan

Policía Local de Boiro???!!! Eses seudo-controladores aéreos que son os que máis cobran da comarca e non queren cumprir horarios. Por certo, o 90% de baixa!!! Que o saiba todo o mundo. Deira: grandísimo alcalde.