Ourense, un pozo de corrupción

A Deputación de Ourense, ou sexa, Baltar, vén de aprobar as listas definitivas de admitidos e excluídos a concurso de selección de persoal para a Deputación.

Por Xoán Vázquez | New yersey, EE.UU | 28/02/2011

Comparte esta noticia

Sobra dicilo, pero igual digámolo, os admitidos son todos parte desa mafia corrupta, rapaz, vil, mesquiña e voraz que é o é o PP en Ourense (maticemos no de en Ourense), sinónimo de destrucción e pobreza. Sinónimo tamén dun egoísmo que desborda os límites da endogamia e do nepotismo; isto xa é  traizón. Os admitidos suman algo máis de sesenta, todos eles fillos, fillas, noras e xenros, e  aínda algún que outro insigne sobriño da casta maldita que mantén a Ourense nun estado de pobreza xa con deixes a irreversible.  Cabe salientar que a soberbia e condescendencia dos corruptos adquiriu tales dimensións que xa  nin as aparencias consideran preciso gardar; cousa que sería moi fácil de acadar, abondaría con arrimar dos opositores sen afiliación política, dous ou tres do PS e outros tantos  do BNG. Foi mellor así; é unha falta de respecto facerlle perder o tempo á xente. Niso coincide con Baltar. 

A condición máis destructiva acuciante de cantas couber no corazón humano é a covardía, todo o de máis ten remedio. A ignorancia é corrixible, as administracións nefastas poden ser substituídas, os ladróns poden ser apresados, procesados en encarcerados, ata ha chegar o día que a ETA maldita deixe de matar; ou sexa, todo se pode superar sempre que haxa un pobo ceibe e entregado aos valores da democracia e comprometido coa defensa dos seus dereitos indelebles, da súa dignidade. Baltar sabe iso. E sabe que a valentía escasea no PP de Ourense, no Baltarland; sabe que non poucos dos ourensáns posuidores de valentía dignidade e integridade, frustrados e amargados tiraron a toalla, outros emigraron a terras alleas a facer vida sen someterse a servidume, avaricia, vileza e a podremia dos baltares e mailos seus miserables acólitos. Chegaron á triste conclusión – acertada ou non - que antes vivir as indignidades da emigración ca someterse ás vontades do Gran Señor; quén serei eu para reprobarllo. En Ourense a xente con dignidade que resistiu o impulso de irse, ou sexa, os que resistiron a limpeza ideolóxico-intelectual orquestrada por Baltar para asegurarse unha maioría bovina, xa nin sequera participan na burla esa que tratan de vestir cos enfeites de concurso de selección, saben que a gobernanza do Principado Baltarland está reservada para esas almas miserables obedientes das vontades do Gran Señor. 

Disque no Bartarland cando hai xuntanza de usurpadores festexan a súa luciferina fraternidade cun canto no que gritan “Y si no eres del PP, jódete, jódete”. Pois mira por onde, acertaron. Misión cumprida. Saiban os usurpadores que xa nos “joderon”.  “Jodeuse” Ourense enteiro, e ben “jodido’ que está, con máis dun 40% da súa poboación sepultada na pobreza (Cáritas dixit), a provincia máis pobre do Estado. E pregúntolle eu aos cantores Populares da entrañable provincia se aínda queda algo por “joder”,  porque eu xa non atopo nada. A ruína é total, ao que lle hai que engadir a bancarrota moral manifesta nos que axeonllados perante a insigne figura do Gran Cacique se desprenden dos últimos reductos de dignidade namentres lle mendigan entrada ao club dos miserables.

A ruína adquire a súa condición de absoluta cando xa non só arrasa, coma un maldición bíblica, a economía dun territorio, que iso pódese remediar. A ruína é total cando a xente de máis valía, de máis entrega, de máis corazón, foxe a outras terras, convencida de que tódolos esforzos han ser fútiles, e os que quedan subornan os últimos reductos de decencia que aínda poidan abrigar nos seus espíritos e sucumben á servidume total, coa esperanza de que o Padriño algún día os poida colocar e así vivir o resto das súas   cuchiñas vidas á conta da sufrida cidadanía, coma parasitos inservibles, engulindo as migallas e  desperdicios que os depredadores van deixando no seu pasar. A que pouco aspiran tantos. 

Esto reclama respostas contundentes, sexa como for. Sen non hai recurso legal para frear esta barbarie, se o poder xudicial de Ourense xa tamén está completamente podre e subordinado aos caprichos do Gran Cacique, que probablemente o estea, sempre queda a perfectamente lexítima Lei da Carballeira, desde o fondo dos tempos ancorada na lei común galega como as medidas das leiras: cuncas, ferrados e fanegas. É inconcibible que a xuventude ourensá no tome as rúas e reduza a escombros os edificios e espazos, todos, onde estes depredadores, traidores, usurpadores se burla e esmagan ao seu, ao noso, entrañable Ourense. A transición tamén ten que chegar a Ourense. De non ser polos vieiros da moderna xurisprudencia  – sempre preferible -, quédannos os vieiros da lei común:  a inmortal, e hoxe plenamente reivindicable Lei da Carballeira. Frear coa depredación, si ou si. A alternativa non é solución.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Vázquez Nado en 1957, na aldea do Zapatal, parroquia de Santa Mariña de Xuño, concello do Porto Do Son. Con 17 anos emigra aos EE.UU. Estuda informática na Kean University. Actualmente exerce de informático en New Jersey. O seu blog: http://xoangvazquez.blogspot.com/