Podemos quere impor o seu plan a todas as mareas galegas, agás as de Coruña, Compostela e Ferrol

Carmen Santos non contempla outro escenario para as municipais en Galicia que o pacto que os morados asinaron en Madrid con Izquierda Unida e Equo. Só acepta que manteñan a marca Compostela Aberta, Marea Atlántica e Ferrol en Común. Marea de Vigo, Marea Pontevedra, Lugo Novo e Ourense en Común, por exemplo, deberían, segundo a líder de Podemos Galicia, acollerse ao plan trazado polas tres formacións estatais. Santos quita ademais ferro a que Pablo Iglesias non incluíse a Galicia entre as nacións do Estado.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2018 | Actualizada ás 21:22

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, avisou que o pacto asinado en Madrid polo partido morado canda Izquierda Unida e Equo só deixa autonomía ao que chaman "marcas consolidadas", é dicir, aquelas mareas que gobernan, as únicas das que respectarán o seu nome electoral —Marea Atlántica, Compostela Aberta e Ferrol en Común—, mentres que o acordo pretende impor ao resto de proxectos municipalistas galegos que se acollan ao pacto asinado polas tres formacións estatais para concorrer en conxunto ás eleccións locais do próximo ano.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos | Fonte: Europa Press

Deste xeito, Podemos mantén o seu órdago e abre definitivamente un escenario de confrontación que semellaba innecesario, ou cando menos contraproducente para os intereses das mareas e do proxecto común. Con esta decisión, Podemos e os seus aliados cuestionan, por exemplo, iniciativas como a Marea de Vigo (liderada por Rubén Pérez, precisamente de Esquerda Unida), que non goberna pero si é marca consolidada. Segundo o acordo asinado fóra de Galicia, esta marea debería reconverterse nun conglomerado de siglas de partidos (ao máis puro estilo 'A vida de Brian').

Así o reiterou este luns Carmen Santos, que se referiu ao acordo marco establecido a nivel estatal entre Podemos, IU e Equo para concorrer en conxunto ás eleccións municipais, autonómicas e europeas do próximo ano baixo a marca 'Unidas Podemos Esquerda Unida-Equo'. Un acordo que compromete agora a Anova, que deberá decidir se acata esta imposición desde Madrid ou se se somete ao que decidiron os inscritos e defende a idea orixinal das mareas galegas.

Con todo, a tamén deputada de En Marea no Parlamento galego apuntou que Galicia ten unha serie de "características diferentes" no plano político, polo que as alianzas electorais serán estudadas "municipio a municipio". Pero Podemos semella non estar disposto a renunciar a que o seu nome luza nas papeletas.

Tanto Podemos como Izquierda Unida defenden que as alianzas se deben establecer en formato de coalición, o que suporá un choque coa postura de certos proxectos municipalistas, que reivindican a súa independencia e o seu carácter de candidaturas centradas no ámbito local.

Marea de Vigo, Ourense en Común, Marea Pontevedra ou Lugo Novo terían que incluír a marca 'Unidas Podemos Esquerda Unida-Equo' no seu nome.

"MARCAS CONSOLIDADAS"

Deste xeito, Podemos Galicia considera que só Compostela Aberta, Marea Atlántica na Coruña e Ferrol en Común quedarían fóra das condicións que esixe o acordo marco entre o partido morado e IU para enrolarse nas candidaturas de unidade popular.

Pola súa banda, o resto de mareas municipalistas de Galicia, con proxectos tan asentados como Marea de Vigo, Ourense en Común, Marea Pontevedra ou Lugo Novo (con representación nos consistorios pero fóra dos gobernos) terían que incluír a marca 'Unidas Podemos Esquerda Unida-Equo' no seu nome.

Por que non considera Podemos marcas consolidadas a estas? Que é para Podemos unha marca consolidada? "A marca consolidada é onde se goberna", argúen desde a formación morada.

Así as cousas, Podemos Galicia anunciou que celebrará primarias a finais deste ano para escoller as súas listas de candidatos para cada municipio. A continuación, estas terían que ser incluídas nas candidaturas de confluencia, ben a través de "acordos" ou pola celebración dunhas novas primarias para as listas definitivas nas que concorrerían o resto de forzas.

Carmen Santos mantén o seu pulso a En Marea e avisa de que Podemos, ao igual que Izquierda Unida, non vai estar baixo ningún "paraugas instrumental".

OUTRA ESTOCADA A EN MAREA

Na mesma liña, Santos argüíu contra o proxecto En Marea, do que dixo: "Oxalá gobernase, pero non goberna. Ese é o obxectivo das alianzas, acumular forzas para derrotar o PP, non conformar partidos novos para eliminar os existentes, agás que eses partidos o decidan. E ese non foi o noso caso".

O partido morado descarta, do mesmo xeito que IU, acollerse ao "paraugas instrumental" que ofrece En Marea para acumular forzas e aumentar o peso das mareas municipalistas nas deputacións, o que foi aprobado no último plenario do partido instrumental, celebrado a mediados do mes de marzo.

Este rexeitamento súmase ás críticas lanzadas polos propia Santos cara á configuración de En Marea como partido instrumental nos últimos meses. Nesa liña tamén se expresou o secretario de Organización de Esquerda Unida e portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, que este mesmo luns tachou de "partido ornamental" a En Marea e reclamou a apertura dun proceso de reconfiguración do espazo político na liña dunha coalición de partidos.

"AQUÍ DECIDIREMOS NÓS, NON PODEMOS NIN IU"

Malia que nos sectores galeguistas e nacionalistas das mareas tentan ser máis prudentes, fontes de En Marea consultadas por GC xa manifestaron que se manterán as marcas propias de cada marea local, contra o que pretenden as forzas estatais coaligadas nestes movementos municipalistas e rupturistas. 

"Decidiremos nós as marcas”, dixeron fontes da dirección de En Marea a este xornal. De feito, lembraron que no plenario desta organización, que tivo lugar hai unha semanas, se acordou que En Marea apoiaría a presentación de candidaturas de “mareas locais”. Isto significa, din, que se seguirá o modelo das municipais de 2015 na que concurriron baixo unha mesma candidatura distintos partidos, entre eles, Anova, Podemos ou EU.

"A secretaria xeral de Podemos Galicia repetiu que Galicia é unha das nacións históricas xunto con Euskadi e Cataluña. E pódovos asegurar que Pablo Iglesias pensa o mesmo".

SANTOS XUSTIFICA AO LÍDER TRAS ESQUECERSE DE GALICIA

Outra das polémicas destes últimos días que afectan a Podemos e a súa relación con En Marea foi a non mención de Galicia entre as nacións do Estado por parte do líder do partido morado, Pablo Iglesias, durante o debate da moción de censura que desbancou a Mariano Rajoy da Moncloa. Lapso que Carmen Santos xustica.

"Xa o dixen moitas veces. A secretaria xeral de Podemos Galicia repetiu en roldas de prensa ou no Parlamento que Galicia é unha das nacións históricas xunto con Euskadi e Cataluña. E pódovos asegurar que Pablo Iglesias pensa o mesmo", declarou este luns Santos, que tentou quitar ferro a esta cuestión e defendeu que Galicia "estivo ben representada" no debate da moción grazas aos cinco deputados de En Marea no Congreso, que forman parte do Grupo Confederal de Unidos Podemos.

"A maior representación que pode ter Galicia é que (os deputados) servisen para botar ao PP. Prefiro iso a que nos mencionen moitas veces de maneira grandilocuente e que o noso electorado non se senta representado nas decisións de Estado", engadiu.

Con todo, o "lapso" de Iglesias, como foi cualificado polo portavoz de En Marea, Luís Villares, non foi ben recibido polos sectores do rupturismo máis próximos ao nacionalismo galego.

De feito, a deputada no Congreso Alexandra Fernández (membro de Anova) publicou unha mensaxe na súa conta de Twitter durante a tarde noite do xoves no que mostraba a súa desconformidade co "discurso dos catro principais partidos españois".

"Despois de escoitar o discurso do catro principais partidos españois queda claro que desta crise do modelo territorial todos están de acordo en eliminar o recoñecemento de Galicia como nación", publicou Fernández en Twitter.

COMISIÓN DE GARANTÍAS

Por outra banda, a responsable de Organización de Podemos Galicia, Natalia Prieto, informou que desde finais do mes de maio o partido morado galego carece de Comisión de Garantías polo decaimento da mesma ao non contar cos catro membros necesarios.

Deste xeito, os expedientes abertos en Podemos Galicia pasarán a ser estudados pola Comisión de Garantías estatal, mentres que a propia Natalia Prieto exercerá labores de "arbitraxe" naquelas cuestións que vaian xurdindo, polo que "se garante a protección dos inscritos", apuntaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

14 Gamela

Mira que hai mareas... pero a de Vigo seica quere COLARSE !!! http://xornaldevigo.gal/politica/45...

13 Fátima

Sinceramente me estoy cansando de este partido y todas sus mentiras. Son como los demás, dejemos de mentiras. https://www.manodefatima.org/

1 dandy conho

Es máis pesada ca unha vaca en brazos

12 Roma non paga traidores

Cos anuncios de Podemos e EU, en ue lugar queda Anova e Ourense en Común? Foron tontos utís contra Villares e agora que pasen polo aro

11 O que queda do BNG

Un quero e non podo. As mareas municipalistas son entidades políticas plurais e soberanas que deciden por sí mesmas todo o que lles afecta e non aceptan imposicións externas. E moito menos dunha corrente coma a de Carmen S.Q. que nin sequera participa na vida diaria das mesmas. É como se no que queda do BNG tragaran cos inxerencias ou presións do PSOE para desconvocar a folga xeral galega do 19. Sería surrealista. Imaxinan?

1 M. Monge

Pois o BNG tragou ante impresentables do PSOE, apoiando a ZP (do 135, da reforma laboral), á ministra Magdalena Alvarez (despois de insultarnos), a Caballero (alcalde por obra e gracia do BNG, como Orozco ou o condenado de Ourense), á súa protexida a limpa e colocadora Carmela Silva, etc. Está por ver o que traga a Marea, o exemplo do BNG tragando o que lle coloca o PSOE non é moi afortunado, supoño que así pensas ter desculpa. Barato, moi barato, as Mareas véndense á secta de Podemos regaladas!

2 La pastillita loqui

I no quisieron poner a tu amigo Louzán loquito

10 Laupegágagaga

O mellor é facer como IU e insistir na importancia do Tren de Burgos, como dixo Procesiones. La culpa siempre és de la upegá