O PP acusa ao alcalde de Ames de corrupción urbanística

Os conservadores reclaman a Carlos Fernández que publique a súa declaración de bens. O edil nega as acusacións e explica que mercou os pisos mediante hipotecas.

Por Galicia Confidencial | Milladoiro | 24/03/2011 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

O alcalde de Ames tomou decisións urbanísticas que benefician á empresa na que traballou até o comezo desta lexislatura. Despois, o alcalde procedeu a mercar dous pisos ao mesmo empresario que era o seu xefe. Esta é a denuncia lanzada polos conservadores galegos contra o socialista Carlos Fernández.

De acordo á versión do PPdeG, o Concello de Ames procedeu a modificar as normas urbanísticas das zonas S-14 e S-15. Parte dos terreos que aumentaron do valor pertencen a empresas de Luís Lugo, empresario tamén na sociedade Obras y Edificaciones Boa Vila de Pontevedra. O alcalde mercou despois dos pisos en Pontevedra a esta firma.

O socialista, que dará hoxe explicacións polo miúdo en rolda de prensa, xa rebateu as acusacións. En declaracións á Ser, Carlos Fernández explica que traballou nunha empresa privada durante os primeiros meses como alcalde até que o Concello lle aprobou a dedicación exclusiva. O edil admite a compra dous dous pisos en Pontevedra, pero asegura que os mercou de xeito lícito, pagando unha entrada e cunha hipoteca de 100.000 euros cada un.

O PP de Ames reclamoulle que faga pública a súa declaración de bens e a súa declaración da renda. Do contrario, aseguran que pedirán a súa dimisión.

Tanto PPdeG como PSdeG negáronse recentemente no Parlamento de Galicia a facer públicas as declaracións de bens e da renda dos deputados galegos.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

2 andres

Seguro que aprendeu do seu xefe Pachi Vázquez.

1 MacBert

Como ben di este señor "calquera non pode gobernar un concello". Cómpre ter estómago para poder mirar para outro lado cando conveña.

1 Xan

Efectivamente, hai que ter moita cara.