Dúas paparotas en menos dun mes

Os populares convocan a 500 militantes e simpatizantes nunha cea en Narón. É a segunda en menos dun mes.

Por Galicia Confidencial | Narón | 04/04/2011 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas; o delegado provincial da Xunta na Coruña, Diego Calvo e o candidato do PP á alcaldía de Narón, Miguel de Santiago, foron os anfitrións dunha nova xuntanza culinaria organizada o sábado pola noite neste concello coruñés e á que asistiron preto de 500 persoas.

Esta é a segunda cea que se organiza en Narón en menos dun mes. Na primeira, os populares reservaron 100 prazas na tradicional festa do cocido que organizou a AA.VV. do barrio da Gándara, e á que asistiu o presidente da Xunta.

Quen paga?


Nesta segunda comida, e segundo o PP, cada comensal "pagou o seu prato", aínda que dirixentes doutras formacións políticas de Narón aseguran que o PP financiou esta "paparota" tal e como xa aconteceu coa anterior cea.

Nesta xuntanza, o candidato popular aproveitou a presencia de Farjas para "vender" o novo centro de saúde de Narón, "que permitirá que los magníficos profesionales que allí trabajan puedan ofrecer un servicio de mayor calidad, si cabe, a los vecinos de esta ciudad y de la comarca".

None

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

3 Caramuxo

Home, non, e si veñe Aznarin, xa mexan todos eles. Collendo as patacas de dous en dous, bomitandon e voltando a xantalas. Botando erutos, e de postre polvo, asin, ata altas horas da maña, cantando A Rianxeira, e co paiños mondadentes

2 Verdadeiro

O que vos fode é que os votantes do PP sexan tan entregados que poñen seu bolsillo para pasar un rato agradable en compañía de amigos. O sociatas e blocatas sodes moi compañeiros menos cando vos toca a carteira que é cando revelades a vosa verdadeira cara de asociais amargados.

1 Contrapailáns

Moita fame tedes pasado, e por outra banda, é o voso concepto de cultura, comer e beber, outra cousa non sabedes facer, a boas horas ía xuntar o pépé tanta tropa nunha xornada cultural onde houbera que ler dez minutos, noraboa!

2 Mendo

Sabendo un mínimo da historia de Galicia, quen pode votar ao PP???, un partido contrario a toda a vangada cultural galega dos últimos 150 anos!!. A ver se empezas por saber quenes foron os galaicos, os reis suevos, o reino de Galicia, as loitas con Castela, a imposición da monarquia española, a represión cultural en Galicia, e a loita que desde hai séculos busca que Galicia sexa un estado dentro de Europa. Candos saibas todo iso, pensa ben a quen defendes, porque ao final ti non es máis que un "galleguiño" para os do PP-Madrid.

1 saña

Quen dixo que os galegos pasamos da "politica" todo se vende si hai un bo albariño e churrasco polo medio, que lle pregunten os votantes do PP.