Por E.P. | Ferrol | 23/08/2018 | Actualizada ás 11:15
O alcalde de Ferrol no mandato 1995-1999, Juan Blanco Rouco, co Partido Popular, faleceu este mércores, aos 78 anos de idade, tras unha longa enfermidade.
Natural de Neda (A Coruña), Blanco Rouco gobernou en coalición con Independentes por Ferrol, liderado polo ex conselleiro de Industria Juan Fernández, sendo posteriormente, entre 1999 e 2003, vicepresidente da Deputación da Coruña, antes de retirarse da vida pública política, sendo tamén senador antes de ser alcalde de Ferrol.
Durante o seu mandato como rexedor produciuse o accidente da plataforma petrolífera "Discovery Enterprise", cando o barco que se construía na antiga Astano, hoxe Navantia Fene, rompeu as amarras que o unían ao peirao e derrubou a antiga ponte das Pías, liderando desde o primeiro momento a reclamación para que se reconstruíse esta infraestrutura, que pasou a ter desde entón dobre carril.
Licenciado en Linguas Clásicas pola Universidade Complutense de Madrid, foi profesor de grego en Secundaria. Os seus restos mortais están no Tanatorio San Lorenzo de Ferrol e ás 20,30 horas deste xoves terá lugar un funeral na igrexa parroquial da nosa Señora do Rosario, mentres que o enterro celebrarase unha hora máis tarde, ás nove e media, no cemiterio parroquial de Santa Cecilia de Trasancos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.