BNG, presidencialismo e liderado

Non abrigo dúbidas que aínda ha chover, a cántaros, antes das próximas autonómicas.

Por Xoán Vázquez | New Yersey, USA | 02/08/2011

Comparte esta noticia

 As xerais, que xa están aí, será mellor dalas por perdidas; aínda cando en política unha semana é un mundo de tempo, tres meses, unha distancia incalculable, mellor dalas por perdidas e aforrarse as frustracións. Mais indo coas autonómicas, o primeiro paso no camiño da reelección de Nuñez Feijóo xa foi decididamente dado, e foi - é - un simple agasallo do bipartito: o BNG aceptar (ou forzar) a renuncia de  Anxo Quintana, e o  PSdeG,  o PSdeG... Deus saberá ao que anda. O coherente houbera sido darlle aos lideres experimentados, que xa non queimados, unha oportunidade de enfrontar as urnas cun programa retocado e unha mensaxe máis fluída,  reparando os descoidos, que non foron poucos, e subliñado os acertos, que nunca son moitos. Non foi así. E non foi así  porque neste país seica sobran lideres capacitados e programas de goberno ben artillados. A presenza de Quintana liderando o BNG e a de Touriño o PSdeG houberan constituído unha forza disuasiva perante a oferta de Nuñez Feijóo; ou sexa, a presenza dun elemento comparativo ineludible e evidente. Elemento comparativo do que, presinto, houberan saído favorecidas as forza progresistas. Mais darlle unha segunda oportunidade ao programa bipartito artillado baixo o liderados de Touriño e Quinta (reitero, reflexionando sobre os erros e matizando os acertos) non lle comben aos cazadores de poder. Nin a uns nin aos outros. A UPG,  convencida de poder transformarse na forza hexemónica da esquerda nacionalista galega, aspira a suplantar a oferta colectiva de todo canto representa o BNG. Ao que aspiran o PSdeG Deus saberá. En conclusión, no mundo dos voitres o único que conta é a carnaza. Que lle aproveite, que este tanto está moi claro, moito máis lle ha aproveitar a Nuñez Feijóo.

A UPG correu moito e demais a reapoderarse das estructuras internas do BNG; o propio Beiras -malia os desafortunados exabruptos - pedra angular e voz singular,  amosou  e amosa reiteradamente a súa desconformidade cos intentos hexemónicos da UPG. Como faría o mesmo de tratarse de calquera outra corrente interna do BNG determinada a minguarlle a pluralidade. E absolutamente necesario que a cidadanía galega que poida non identificarse coa UPG pero si co BNG saiba, con absoluta certeza, que o seu voto non ha ser utilizado nun contexto alleo á intención inherente de como é depositado. Esa garantía non existe.  Por primeira vez votar BNG desde unha perspectiva galeguista social demócrata non é unha opción factible.

A cidadanía galega temos o dereito e o deber de inquirir sobre as agrupacións políticas como entes identificables alén das correntes que as poidan constituír: a suma sobre as partes. E o BNG ten o compromiso indelegable e a necesidade electoral ineludible de retransmitir, facilitar e comunicar á cidadanía a esencia común do BNG. O BNG non debe renunciar ao voto socialdemócrata galeguista, non pouco del pragmático e independente. Renunciar ao voto socialdemócrata galeguista é o mesmo ca renunciar a gobernar.  Coido que este BNG, praxe da UPG, renunciou a gobernar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Vázquez Nado en 1957, na aldea do Zapatal, parroquia de Santa Mariña de Xuño, concello do Porto Do Son. Con 17 anos emigra aos EE.UU. Estuda informática na Kean University. Actualmente exerce de informático en New Jersey. O seu blog: http://xoangvazquez.blogspot.com/