Pili Carrerra pide saír do concurso de acredores tras aprobar un ERE con 39 despedimentos

A empresa téxtil galega solicitou a aprobación do convnio do seu Plan de Viabilidade e do Plan de Pagos. Os acredores aceptaron o pagamento da débeda en 7 anos, cos dous primeiros de carencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2019 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

A empresa de moda infantil galega Pili Carrera continuará a súa actividade logo de aprobar un ERE que suporá 39 despedimentos e solicitar ao Xulgado Mercantil a saída do concurso de acredores.

TENDA DE PILI CARREIRA, ARQUIVO. EUROPA PRESS/guillermo casas - Arquivo / Europa Press
TENDA DE PILI CARREIRA, ARQUIVO. EUROPA PRESS/guillermo casas - Arquivo / Europa Press

Segundo informou a compañía situada en Mos (Pontevedra), este mércores celebrouse a última sesión da mesa de negociación do ERE no que se alcanzou un acordo entre a empresa, o administrador concursal e todos os representantes legais dos traballadores. O acordo supón a redución do persoal en 39 empregados, dos que 26 son baixas voluntarias e 13 extincións forzosas.

Por outra banda, en canto ao convenio de acredores presentado, a compañía recibiu o apoio maioritario dun 60% dos créditos dos acredores. Conforme a isto, a firma solicitou o luns 21 no Xulgado Mercantil número 2 de Pontevedra o fin do concurso de acredores en fase común e a aprobación do convenio co seu Plan de Viabilidade e o Plan de Pagos. A opción maioritaria do plan de pagos, aceptada polos acredores, representa o pago da débeda en 7 anos, cos dous primeiros de carencia.

Segundo informa a empresa, neste momento, atópase ultimando a súa produción e entregando os pedidos da campaña primavera-verán 2019.

A firma de moda infantil presentara en setembro de 2018 no Xulgado do Mercantil o concurso de acredores ante a imposibilidade de "facer fronte ás obrigas contraídas cos seus acredores nos prazos acordados" nunha "contorna complexa e competitiva".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta