GC bate de novo a súa marca de audiencia

A semana pasada este diario electrónico sumou máis de 37.000 visitas, consolidándose como un dos medios en galego máis populares da rede.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 10/10/2011 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

Na semana que acaba de rematar GC acadou 99.928 páxinas vistas, o maior número da súa historia.

None

Esta cifra é especialmente relevante porque lógrase sen a axuda da portada do agregador de noticias Meneame.net. Debido a súa enorme audiencia, Meneame.net soe disparar o público dos sitios que logran entrar na súa portada.

O medio xeralista en galego máis lido na Rede

Os lectores de GC pasan no sitio unha media de máis de 11 minutos e medio. Na maioría de medios dixitais o promedio de permanencia no sitio ronda os seis minutos.

Estes dous datos, 'record' de audiencia sen a axuda do Meneame e tempo de permanencia no sitio, proban que GC ten unha audiencia moi fiel. De feito, segundo os datos de Alexa compilados por Código Cero, GC é arestora o medio de información xeral escrito en galego máis lido da Internet.

Noticias máis vistas

Como é habitual, as informacións sobre polémicas políticas e presuntos casos de corrupción foron as favoritas da audiencia. Máis de 10.000 visitantes consultaron esta información sobre a dimisión de Fernando Blanco e estoutra sobre as débedas dos partidos coas caixas.

Agora mesmo, GC suma máis de 5.500 seguidores no Facebook e máis de 1.600 no Twitter. Nas redes sociais este medio electrónico é máis popular que a maioría de diarios galegos con edición en papel.

GC agradece a todos os lectores a súa atención, sobre todo aos que contribúen educadamente nos comentarios dende calquera posicionamento político.

Gracias aos que contribuídes a manter o GC aberto

Un especial agradecemento a aqueles que nos axudan económicamente suscribíndose ao GC Plus. Nas últimas semanas aumentou o número de internautas que decidiu contribuír a manter aberto este diario.

Se queren colaborar ao funcionamento deste medio poden rexistrarse gratuítamente para logo subscribirse ao GC Plus ou facer unha doación, seguindo estes tres sinxelos pasos.

Os contribuidores poden acceder ás exclusivas do GC Plus. Trátase de agradecer o apoio a quen, en tempos de crise, aposta pola construción dun produto xornalístico libre e en lingua galega.

Quen somos e como nos mantemos

Contratar publicidade, cunha das tarifas máis rendíbeis da internet galega, ou enviar SMS en agradecemento a unha noticia en particular son outros xeitos de axudar a manter o GC como un medio libre.

Máis datos sobre quen fai, quen lee e como se financia Galicia Confidencial neste artigo e na presentación do noso proxecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

15 Calquera

Deberíades contratar un corrector, tedes erros ortográficos en cada artigo.

14 Xan Perican

Pois parabéns, pero o verbo soer non existe en galego. "Meneame.net soe disparar" Adoita, acostuma ...

13 xan soares

Moi bó traballo. Animo á xente a que colabore a manter un xornal en Galego. Son dúas birras menos ao mes, non nos laiemos logo. Saúdos.

12 Henrique Deus

Ánimo!! Galicia precisa de vós!, sodes unha forza informativa indispensable, aqui tedes un fiel seguidor.

11 xurxo

Os falta vender romero como a los gitanos. Cobrar por un blog...