Tras silenciar durante os últimos días as denuncias de BNG e PPdeG sobre a compra dunha casa no número 22 da rúa Tabernas por parte de Francisco Vázquez, por fin, hoxe, a Voz de Galicia da cumprida conta na sua edición galega do pleno que tivo lugar onte no concello coruñés. Non pasa o mesmo con Ence, unha problematica na que o xornal se posicionou, claramente, a favor da continuidade da papeleira na Ría de Pontevedra. Os intereses económicos que existen detrás desta empresa e a boa relación do alcalde coruñés co xornal son o que explican as orientacións informativas de La Voz nestes casos. Consulta a información sobre Vázquez aquí.