TVG adica o mesmo espazo ás propostas de igualdade de PP e C's que á manifestación de Lugo

O ente público destacou no telexornal as políticas de populares e Ciudadanos en materia de feminismo mentres miles de persoas pedían igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/03/2019 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

A TVG volve estar no punto de mira da crítica de telespectadores e partidos políticos tras a súa cobertura da manifestación feminista deste domingo en Lugo que xuntou a máis de 10.000 persoas.

Crtvg. Entrevista na TVG a Román Rodríguez Conselleiro De Cultura e Turismo
Crtvg. Entrevista na TVG a Román Rodríguez Conselleiro De Cultura e Turismo | Fonte: CORPORACIÓN DE RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA

Así, non foron poucos os usuarios de redes sociais que denunciaron o tempo adicado á masiva proposta de Lugo en comparación con actos ou propostas sobre igualdade do PP e de Ciudadanos.

Durante o telexornal do pasado domingo, o tempo adicado á manifestación feminista foi compartido coa presentación das propostas do PP sobre igualdade “de homes e mulleres” e tamén sobre o decálogo de “feminismo liberal” de Ciudadanos. 

Non é a primeira vez que o ente público galego recibe duras críticas pola súa cobertura “sesgada” de actos nos que se critica ao goberno da Xunta ou do PP, aínda que sexan masivos, como foi o deste domingo na cidade das murallas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xabrega

A televisión do partido popular. Todo canto poida restarlle votos ao nacionalismo de esquerda será pouco para ela. O nivel de manipulación desta cousa é comparable ao nodo franquista. A súa programación é droga dura alienante e narcotizante, o nivel do seu galego é de puro castrapo ou desinfectado normativo. Sen rtvg ou La Coz a Galicia e demáis follas parroquiais o PP non tería maioría, e sábeno. A solución? Boicot total e absoluto a istes mass-m*rdas.