Un morto en Cedeira nun accidente tras dar varias voltas de campá co seu vehículo

Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Ferrol para excarcerar á vítima, que quedara atrapada no interior do turismo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2019 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

Un home duns corenta anos faleceu esta noite na localidade coruñesa de Cedeira tras dar varias voltas de campá por saír da vía co vehículo no que viaxaba.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente ocorreu sobre as 23,30 horas desta noite, na AC-566, á altura de O Piñeiro (San Cosme).

Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Ferrol para excarcerar á vítima, que quedara atrapada no interior do turismo, unha 'pick-up' Toyota Hilux.

Ademais dos axentes de Tráfico, os Servizos Sanitarios de Urxencia e os Bombeiros,  tamén acudiron os efectivos de Protección Civil de Cedeira e o persoal do servizo de mantemento da vía.

Fontes da Protección Civil informaron a que se trataba dun veciño de Cedeira dun corenta anos e patrón dun barco de pesca da localidade.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta