Extinguido un incendio en Cuntis a escasos 150 metros dunha hípica con 60 cabalos

O lume produciuse as 3:00 da madrugada e afectou a 3'8 hectareas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2019 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

Un incendio forestal ocorrido de madrugada na localidade pontevedresa de Cuntis afectou a 3,81 hectáreas de arboledo e foi extinguido a apenas 150 metros das instalacións dunha hípica, que conta con preto de 60 cabalos.

O lume iniciouse ao redor das 03:00 horas da madrugada na zona de Santa María de Troáns, segundo informaron fontes da Consellería de Medio Rural, e quedou extinguido ás 08,58 horas. Nos traballos interviñeron 5 axentes, 8 brigadas e 14 motobombas.

Na extinción do lume colaboraron tamén os membros do servizo de emerxencia de Cuntis. Os esforzos centráronse, segundo explicaron a Europa Press, en parar o avance das chamas no flanco dereito do incendio, posto que se estaba aproximando á hípica A Luaira, que ten preto de 60 cabalos.

As tarefas para sacar aos animais do centro levarían un mínimo de dúas horas, precisaron desde o servizo de emerxencias, polo que a extinción do incendio tívose que centrar no espazo próximo á hípica. Aínda que algúns veciños chamaron para ofrecerse a axudar a sacar aos cabalos, finalmente non foi necesario e logrouse parar o incendio a apenas "150 metros da hípica".

Un traballador do BRIF loita contra o lume
Un traballador do BRIF loita contra o lume | Fonte: bombeiros forestais de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta