Artigos de Xosé Glez.

O sector da automoción podería ser motor da identidade

Segundo os datos estatísticos o sector da automoción en Galicia é un dos que máis postos de traballo ten creado. Estiman as cífras oficiais que poderían ser ao pé de trinta e tres mil traballadores e traballadoras, dos que seis mil e pico pertencen ao grupo PSA Peugeot-Citroên. Unha nómina considerable que á súa condición de traballadores/as une, indisociablemente, a de seren cidadáns aos que a Constitución e seu ordenamento xurídico lles recoñece dereitos. Dentro deles enmárcanse os lingüísticos. Pero, paradoxalmente, na súa condicións de traballadores limítanselles ou impídeselles eses dereitos.

Secuestro do Santa María

O día 3 de febreiro de 1961 rematou en Recife (Brasil) o longo secuestro do trasatlántico “Santa María”, da Compañía Colonial de Navegaçao, despois de trece días de navegación e unha intensísima actividade propagandística para chamar a atención das dictaduras franquista e salazarista, que tal fora o obxectivo desta acción espectacular protagonizada polo Directorio Ibérico de Liberación (DRIL), unha organización revolucionaria xestada no exilio venezolano, deseñada e dirixida polo nacionalista celanovés Xosé Velo Mosquera, que se facía chamar “Carlos Junqueira de Ambía”, coa colaboración de José Fernando Fernández Vázquez, un arousán, que fora militar da mariña republicana, que utilizaba o alias de “Comandante Sotomayor”, e o militar portugués Henrique Galvao. Na folla de ruta do directorio revolucionaria estaba previsto levar o buque ata a illa de Fernando Poo e despois desembarcar na Guinea continental para incorporarse aos movementos independentistas.

Primeira sentenza en lingua galega

Hai trinta anos a Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña ditaba a primeira sentenza en lingua galega. Formaban a Sala os maxistrados Ricardo Leirós Freire, Claudio Movilla Álvarez e Gonzalo de la Huerga Fidalgo. Este documento xurídico é un fito histórico que ten, como os grandes acontecementos, a súa propia intrahistoria. Cóntollela; pero antes cómpre que fagamos memoria: o derradeiro instrumento xurídico escrito en lingua galega é de 1532, relativo a un foro do mosteiro de San Clodio. A partir dese ano por razóns ben coñecidas o noso idioma deixouse de usar nos documentos legais. Foron catro séculos e medio de marxinación.

Isidro Parga Pondal, empresario e científico

O Foro E. Peinador celebrará o próximo día 15 unha homenaxe ao científico, empresario e galeguista Isidro Parga Pondal na Facultade de Químicas da USC. Ás 12:30 horas inaugurarase un busto e a continuación unha sesión académica no salón de actos do centro presidido polos reitores das tres universidades galega coa asistencia de autoridades e empresarios.

Treixadura, pracer da memoria

O concerto de presentación do novo disco de TREIXADURA no antigo Teatro García Barbón avivou en min vellas e pracenteiras lembranzas. Porque naquel mesmo teatro en 1966 celebrárase un concurso de gaitas no que participaran os irmáns Garceira, Morenos de Lavadores e outros moitos célebres naquel entón. O patio de butacas e os “poleiros” estaban ateigados de seguidores que aplaudían e aturuxaban levados polas emocións das requitandas interpretacións.

Que mercamos e a quen

Todos os pronósticos agoiran un incremento do consumo este mes de nadal. Para os produtores galegos estas expectativas non serán tan boas como para os foráneos. Por varias razóns. Unha delas é que nas grandes superficies escasea a presenza do noso. É ben sabido que as canles de comercialización están nas mans das grandes industrias, mentres que as nosas industrias de transformación, máis anémicas, teñen dificultades para competiren con esas grandes ofertas nos grandes escaparates comerciais.

Curadores, humanistas e galeguistas

Dixo alguén que as bibliotecas son como inmensas voces e silandeira coral na que a voz dos antigos se mestura doadamente coa voz dos contemporáneos. Son a tertulia inmóbil, a que non ten fallos posibles, que nos informan e indican con sabedoría das razóns e os por ques de moitas cousas e causas.

Todo depende se vemos ou miramos

A percepción da realidade é ben distinta se vemos ou miramos. Explicáballe así as diferenzas das accións visuais a un amigo adegueiro ao pé do mostrador dunha cafetería para convencelo da oportunidade de galeguizar as súas marcas de viños.