Artigos de Jorge M.de la Calle

Grecia-Galiza: Avante Syriza!!!

Unha pantasma percorre Europa… e esa pantasma non é máis que a recuperación da soberanía e a democracia que encarna Syriza, a coalición de esquerdas que lidera Alex Tsipras, que o domingo se bateu nos comicios gregos non só contra os seus compatriotas rivais, senón contra toda un ala conservadora e reaccionaria de Europa.

Réquiem polo "xornal" de Galicia (e epílogo esperanzado)

A prensa en galego deixounos o último ano máis orfos coa desaparición de cabeceiras fundamentais e históricas, para sempre exterminadas do ecosistema mediático en papel e incluso das hemerotecas web, liñas sobre as que quereríamos voltar e xa non poderemos, pero que nunca deberán borrarse da nosa memoria. Porque toda publicación, todo vestixio escrito dunha lingua e dunha comunidade transmite a súa historia (información), o seu pensamento (opinión) e, con eles, a identidade, a esencia e a existencia dun pobo con personalidade de seu; é por todo iso polo que, con cada xornal morto, morre tamén algo de si.

Repugnancia (Carta Aberta a Conde Roa e Leo Bassi)

Señor Conde Roa: dixo vostede que o gran clown Leo Bassi lle produce “unha especial repugnancia”. Engade ademais, para rematar a faena (vostede que é tan dado ós símiles taurinos) que o bufón italiano non ten nada que “achegar á cultura de Santiago”. Será porque os seus ditos e feitos, as súas actitudes, e a súa longa traxectoria política e persoal, teñen moito exemplo que dar en canto a “limpeza”, e moito que achegar á cultura e á cidade.

Todxs á Folga Xeral!

"Saque o máximo partido á reforma laboral para a súa empresa. Seminario de asesoramiento para empresarios. ¿Despido máis barato? Agora si que si: O coste do despido improcedente pasa a ser de 33 días cun máximo de 24 mensualidades, desaparecendo a indemnización de 45 días con 42 mensualidades". Non, non é un texto paródico. É a pura e crúa, arrepiante, realidade. Éstá extractado literalmente (as exclamacións e o énfase non son meus) dun panfleto que anunciaba un seminario sobre a mal chamada “reforma laboral”.

A marcha das mulleres

"Mireia nunca fixera unha táboa de exercicio na súa vida. Subir e baixar escaleiras, as que queiras; levantamento de peso, ou bolsas e carro do mercado, por milleiros; flexións, aeróbic e disciplinas domésticas, de todo tipo: fregar, pasar o ferro, varrer, lavar e marcar, “os seus labores”. Foi unha muller condicionada polo tempo que lle tocou vivir, un sistema patriarcal..."

Fraga, ese dinosaurio

Cando espertou, o dinosaurio aínda estaba alí.

Préndete

Soñaba con ampliar o seu negocio de mercader, pero nunca con ser o pai dunha revolución. Chamábase Mohamed Bouazizi e tiña tan só 26 anos.

Carta por Reis dun mozo galego a Núñez Feijóo

Esta é a miña particular carta ós Reis, a que mandei o xoves . Aínda non me trouxeron nada... será tan só cuestión de esperar? Ou haberá que se mover?
Jorge M. de la Calle Jorge M. de la Calle, “Moz” (A Coruña, 1982), é xornalista e fotógrafo, licenciado en Xornalismo pola Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Xornalismo Electrónico. Traballou breve e precariamente en La Región, La Voz de Galicia, Xornal de Galicia, Revista ECO e Cadena Ser, aínda que a mellor maneira de exercer a profesión para el é por libre e de xeito independente, con colaboracións habituais para Galicia Hoxe, Praza, Diagonal, GC e Mundogaliza.com, dinamizando as redes sociais coas súas fotos e reportaxes, e implicándose en calquera causa social na que pague a pena ser activista. Mantén esporadicamente dous blogues, entre o sentimental e o actual, entre a música (a súa gran paixón), o cinema, o político e o literario, ou todo xunto: Fifteen Minutes with you e As outras voces, este integramente en galego.