Artigos de X.A. Pérez-Lema

O audiovisual galego reinvéntase

É o terceiro ano no que analiso, o día despois dos “Mestre Mateo”, a situación deste sector estratéxico da nosa economía, malia que a Xunta do PP non acredite nesta cualidade. No 2013 e 2014 falei do “afogo do audiovisual galego” e agora fágoo da reinvención deste sector. Que pasou de novo?.

Tecermos consensos

Os inquéritos amosan con claridade que o tempo das maiorías absolutas están xa para pasar á historia. Aquelas xogadas electorais onde un 27% do censo (43-45% dos votantes) acadaba nas institucións o poder da maioría absoluta semella que van ser cousa do pasado. E teño para mín que a sociedade non vai sentir mágoa ningunha por esta evolución dos tempos.

Despolitizarmos o poder xudicial

A grande maioría dos xuices e maxistrados nos níveis inferiores e medios (Xulgados unipersonais, Audiencias, Salas do Contencioso e do Social dos Tribunais Superiores autonómicos) son independentes de toda caste de presións políticas. O seu problema é a falla de horas no día para atender o exceso de traballo(o Estado español ten un 40% menos de xuices que a media europea) e máis a falla de medios materiais, humanos e técnicos para desenvolver de xeito eficaz o seu labor.

Recentralización e élites madrileñas

Outravolta xuntáronse os gobernos catalán e vasco (a primeira vez foi en decembro) para avaliar o implacábel proceso de recentralización desenvolvido por Rajoy desque chegou ao Goberno do Estado. E os seus voceiros chegaron dicir que o PP estaba a destruir o autogoberno deseñado nos Estatutos de Autonomía.

Corrupción e proceso penal

O Goberno do Estado ven de aprobar o proxecto de lei para a reforma da lexislación procesual penal.Unha reforma totalmente limitada e continuista, que non resolve os problemas das nosas investigacións penais.

Máis igualdade, máis cohesión social

A cuestión da igualdade das persoas (mellor ca dos sexos, é evidente que aquí tampouco son acaídas as respostas bipolares ou bipartidistas) trascende moito do ámbito dos dereitos fundamentais. Porque constitúe unha cuestión fulcral na nosa vida social e económica.

Municipalismo e sentido de país

Foi o PSOE o que máis contrapuxo a sensibilidade local contra o sentido global de Galicia como país. A cidade-estado vazquista da Coruña constituiu o seu exemplo máis notábel. Exemplo seguido nos nosos tempos en Vigo pola vella política do seu alcalde, Abel Caballero. Mais, en conxunto, a caduca idea do localismo na sociedade está xa ultrapasada.

Os erros históricos do PSOE

Pablo Iglesias fundou o PSOE no 1879. E axiña foi construíndo unha mesta organización político-sindical á que converteu nunha potente forza de masas entre 1910 e 1918
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.