Artigos de Fernando del Río

A deriva totalitaria da revolución bolivariana

Un grupo de ex-presidentes latinoamericanos acaban de asinar un manifesto reclamándolle ao réxime bolivariano de Venezuela unha rectificación do rumo na súa deriva totalitaria. Tal é o consenso, que este manifesto logrou reunir as sinaturas de Felipe González e José María Aznar. Tamén recentemente, o Parlamento Europeo reclamoulle ao goberno de Maduro o respecto pola liberdades civís. Todos os grandes grupos políticos da cámara europea secundaron a reclamación. Só a extrema esquerda ficou á marxe.

Un vídeo, un cantante e a acción gobernamental

Recentemente, o financiamento pola Xunta dun vídeo musical dun coñecido cantante encontrou moito eco nas redes sociais. Moitos encontraron estraño que a Xunta dedicase o diñeiro público a este fin. Mais tampouco faltou quen xustificou o gasto argumentando que há producir unha elevada rendibilidade. De todos os xeitos, teño a impresión de que moita xente fíxose a mesma pregunta: agora tamén teño que financiar vídeos musicais cos meus impostos? Parece xa un pouco excesivo, non é? Para xulgar esta política –ou calquera outra, claro- considero precisas varias reflexións sobre a natureza da acción gobernamental.

A irrelevancia da Quantitative Easing

O Banco Central Europeo está presto a embarcarse nun programa de compra masiva de activos financeiros a longo prazo. Principalmente compras de débeda pública a longo prazo –a dez anos- nos mercados secundarios. Algúns anos despois, o BCE parece querer seguir os pasos do seu homólogo estadounidense, a Reserva Federal. Cáles serán as consecuencias desta política, coñecida co nome de “Quantitative Easing” (QE)?.

Seguros sociais: as razóns económicas

O argumento tradicional a favor da intervención pública no mercado de seguros de saúde –e tamén noutros seguros sociais como o de desemprego e o de vellez- ten que ver cun problema de información asimétrica inherente a moitos mercados de seguros. En particular, o inconveniente radica en que os individuos coñecen a súa tendencia a caer doentes, mais non as aseguradoras. Esta diferenza informacional sobre un aspecto relevante para a transacción entre as dúas partes implicadas pode dar lugar a un mal funcionamento dos mercados. Por iso a intervención estatal ten sido invocada con tanta frecuencia.

Transferencias solidarias

Á hora de deseñar os sistemas de financiamento de organizacións políticas mais ou menos integradas tais como un estado autonómico, un estado federal ou mesmo unha organización supra-estatal como a Unión Europea moitos sinalan a importancia de contar con transferencias interterritoriais de carácter solidario. Transferencias que flúan das zonas ricas cara as pobres co fin de fomentar a converxencia destas últimas.

Financiamento local e incentivos

Unha das cuestións mais controvertidas do noso sistema autonómico é o sistema de financiamento. É innegábel que as actuais tensións políticas en Cataluña están moi ligadas a este tema. Probablemente, o devir dos acontecemento conduza en breve a unha revisión do sistema de financiamento autonómico español. Dada a importancia que o sistema de financiamento dun estado descentralizado ten na determinación dos incentivos que confrontan os políticos dos diferentes niveis de goberno, é preciso que o seu deseño sexa o oportuno.

O Federalismo que preserva o Mercado

Moitos Estados, tanto no pasado como na actualidade, teñen apostado pola descentralización do poder adoptando diversos sistemas federais. O bo suceso do federalismo é palpábel. Se un considera os tres últimos séculos o país mais rico do mundo foi sempre federal: Holanda, Reino Unido (de facto, non de iure) e Estados Unidos.

O predominio do pensamento único

Nun artigo previo expuxen unha investigación recente que sitúa os cidadáns españois, de entre unha mostra de varios países europeos, como aqueles que menos confían no mercado e na responsabilidade individual e mais intensamente defenden o intervencionismo estatal. Non é que os outros europeos consultados non fagan gala de Estadismo, mais o españois destacan. Por qué este pronunciado viés dos cidadáns españois? Eis unha cuestión que brinca e rebrinca na miña cabeza. E a continuación algunhas posíbeis respostas.
Fernando del Río (Ordes, 1968) Licenciado en Economía e Máster en Comercio Exterior pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Economía pola Universidade Carlos III de Madrid. Actualmente é Profesor Titular de Universidade na Universidade de Santiago de Compostela. Previamente foi axudante na Universidade Carlos III de Madrid, profesor visitante na Universidade de Vigo e investigador do CEPREMAP (París). As súas áreas de investigación de interese son a Macroeconomía Dinámica e o Crecemento Económico. Ten artigos de investigación publicados en prestixiosas revistas académicas internacionais tais como o Journal of Economic Theory, Journal of Development Economics ou Oxford Economic Papers. Membro da Executiva Nacional de Converxencia 21 e Presidente da Asociación Galega para a Liberdade e a Democracia (GALIDEM).