Apolítico/a?

Sei que é difícil -pero que moi difícil- coa que está caendo dicir unha palabra, unha soa, en defensa da política e os políticos. Pero tamén é preocupante o linchamento da democracia.

Por Valentin Carrera | Teo | 04/05/2012

Comparte esta noticia

 Quizais o próximo 10M un modo de non darlles a razón ou arrebatarlles o poder sexa reivindicar a dignidade da Política con maiúsculas, a dignidade do ben común, da colectividade que somos. 

Hai que votar e moito, sempre que se poida, hai que saír á rúa e moito, sempre que nos convoquen, hoxe por ti, mañá por min;, hai que facer Política e non lavarse as mans, como Pilatos. Que hai moito pilatos insolidario, que fan como Franco, "non se meta Vostede en política". 

Ou sexa, deixe que outros pensen, decidan e gobernen por vostede. Non no meu nome: declárome rotundamente NON APOLÍTICO. Hoxe por ti, mañá por min. Vémonos na web e na rúa, que xa son unha mesma cousa: hoxe en defensa dos xornalistas e o 10M en defensa propia. @Tornarratos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Valentín Carrera Valentín Carrera, Ponferrada, 1958, escritor e xornalista, analista político en Galicia Confidencial, no blog Tornarratos.com, no Semanal Digital e no Faladoiro da Radio Galega. Dirixe a editorial eBooksBierzo. O seu último libro "Pescanova Crimen Perfecto”, aborda a estafa piramidal do caso Pescanova [http://www.paradiso-gutenberg.com/pescanova/].