Serio conflito diplomático entre El Bierzo e Galicia

Opinión - 10 Maio 2012

A aprobación polo Parlamento de Galicia o pasado 3 de maio dunha Proposición non de Lei que invade claramente as competencias da veciña Comarca do Bierzo, desatou un grave conflito diplomático que leva camiño de converterse nunha pedra máis no duro camiño do presidente Feijóo cara a súa reelección.

Apolítico/a?

Opinión - 04 Maio 2012

Sei que é difícil -pero que moi difícil- coa que está caendo dicir unha palabra, unha soa, en defensa da política e os políticos. Pero tamén é preocupante o linchamento da democracia.

Peronismo en Vigo

Opinión - 27 Abril 2012

¡Que crack o conselleiro Alfonso Rueda facendo carambolas ao billar! Consegue cabrear dunha tacada aos do PSOE (“Carlos Príncipe irrita ao PSOE ao presentar un acto de Rueda”, El País) e aos seus (“A elección do exalcalde socialista Carlos Príncipe para presentar a charla de Rueda causou perplexidade e malestar nun sector do PP vigués”, Faro de Vigo). Todo a conta do cumprimento desa promesa electoral a maior honra e gloria de Corina Porro, a nosa Evita Perón, mascarón de proa de Feijóo en Vigo, estrelado nas Municipais 2011 contra o correoso muro de Abel.

Vantaxes da dimisión de Conde Roa

Opinión - 11 Abril 2012

1ª. Defensa propia: Si o actual alcalde de Santiago, don Xerardo Conde Roa, evidentemente inocente, dimite motu proprio, antes de que as circunstancias lle lo impoñan e o seu partido lle lo esixa, recuperará unha grande paz e tranquilidade persoal e familiar, que lle desexo sinceramente. Así poderá defenderse mellor, coa liberdade persoal que agora non ten polas súas obrigas e servidumes institucionais. Ademais, poñerá no seu sitio a quen lle ataca sen misericordia e non será cómplice deses mesmos que, crucificando a un inocente, enlaman o bo nome e prestixio de Santiago de Compostela.

Folga 2.0

Opinión - 29 Marzo 2012

Non perdamos nin un segundo en cuestionar a lexitimidade da folga xeral convocada para mañá, por máis que o profundo pozo de fracaso ao que levaron este asunto tanto a patronal como os sindicatos demande con urxencia un ERE colectivo ás cúpulas empresarial e sindical.

  • 1
  • 2
  • 3