Vinte empresas (¿galegas?) modelo

O xornal decano da prensa galega, Faro de Vigo, pertence ao inversor canario Javier Moll; Edicións Xerais ao grupo francés Havas; o Banco Etcheverría a un millonario venezolano; Reganosa está participada por Argelia e o famoso “operador galego” R pertence a unha empresa de Luxemburgo.

Por Valentin Carrera | Compostela | 04/05/2013

Comparte esta noticia
Citröen é francesa; Censa, chinesa; Fenosa, catalá e Celulosas de Pontevedra, vasca. Leite Celta foi americana e agora é portuguesa; e os balnearios da Toxa, Guitiriz e Mondariz teñen sé central en Massachusetts. De Pescanova fai tempo que se perdeu o rastro das súas enrevesadas participacións internacionais. O astillero vigués Barreras xa é mexicano e, namentres, o superheroe financeiro, José María Castellano, segue buscando inversores da City aos que colocar o morto doutra empresa galega modelo, Novagalicia Banco.
 
En Galicia véndense pazos, castelos e aldeas enteiras. Ningún sector estratéxico está en mans galegas: nin a propiedade nin a xestión. A banca, o naval, alimentación, enerxéticas, autopistas… as vinte empresas que seguen son líderes en saqueo [ou deslocalización inversa] dun país colonizado. A lista completa é moito máis extensa, e tan grave que require dunha investigación a fondo. Quizais tamén en sé parlamentaria. Alguén debería responder á pregunta, ¿está Galicia enteira en venda?
 
-Banco Etcheverría: o máis antigo de España, fundado en Betanzos en 1717, adquirido en 2012 por Banesco (Venezuela).
-Banco Pastor: adquirido en 2011 por Banco Popular.
-Banco Galego: vendido polo FROB en 2013 ao Banco Sabadell.
-Citröen Vigo: Propiedade 100% grupo francés PSA-Peugeot-Citröen.
-Fenosa: fundada en 1943 por don Pedro Barrié de la Maza; en 1982 pasou a ser Unión Fenosa, que foi absorbida por Gas Natural en 2008; ningún galego no consello de administración, no que si está Felipe González (¡).
-Celulosas de Pontevedra: Propiedade da empresa vasca Retos Operativos XXI, de Alcor Holding S.A. (Alberto Cortina), Liberbank, etc.
-Reganosa (ría de Ferrol): Propiedade ao 10% da empresa de Argelia Sonatrach Petroleum Investment; 21% de Gasifica S.A., á súa vez propiedade de GasNatural e outras; 15% First State (a Comunidade Autónoma Galega posúe un 17% e o grupo GADIS un 20%).
-Gándara Censa: Adquirida en 2011 polo consorcio chino CITIC (Chinesa International Trust and Investment Corporation).
-R (Telecomunicaciones): O famoso “operador galego” é propiedade ao 70% do grupo Capital Partners de Luxemburgo.
-Autopistas do Atlántico: Desde 2005, propiedade de Sacyr-Vallehermoso.
-Pescanova: propiedade de Damm (6,183%,; Luxempart (5,837%), Alqueire (5,050%), FBA-The Icelandic Investment Bank (5%) e Silicon Metals Holding (5%), entre outros.
-Leche Celta (Pontedeume): foi propiedade do grupo estadounidense Dean foods que a vendeu en 2006 á portuguesa Lactogal.
-Fadesa: creada nos anos setenta polo gran empresario coruñés Manuel Jove; vendida o 100€ a Fernando Martín (Martinsa) en 2006, tras o cal desmantelou a súa sé na Coruña con despedimentos masivos e puxo a sé en venda. 
-Balnearios de Guitiriz e Mondariz: Propiedade da multinacional TripAdvisor, con sé central en Massachusetts que, por suposto, tamén xestiona o Gran Hotel La Toja (así figura na súa web).
-Faro de Vigo: Adquirido en 1986 por Editorial Prensa Ibérica (Javier Moll, Canarias), tamén propietario da Opinión de Coruña.
-Edicións Xerais de Galicia: Propiedade do Grupo Anaya (Salamanca), adquirido polo grupo francés Havas.
-Barreras: Adquirida polo grupo mexicano PEMEX en maio de 2013… (suma e segue).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Valentín Carrera Valentín Carrera, Ponferrada, 1958, escritor e xornalista, analista político en Galicia Confidencial, no blog Tornarratos.com, no Semanal Digital e no Faladoiro da Radio Galega. Dirixe a editorial eBooksBierzo. O seu último libro "Pescanova Crimen Perfecto”, aborda a estafa piramidal do caso Pescanova [http://www.paradiso-gutenberg.com/pescanova/].