¿Que está pasando en Turquía?: Carta urxente desde Istambul

Díxoo Erdogan: o problema é Twitter. Pois si, quizais as redes sociais, blogueros e xornalistas de todo o mundo teñamos a responsabilidade compartida de facer que Twitter sexa “o seu” problema. Transcribo a continuación a crónica dun amigo turco, xornalista en Istambul. Un SOS fronte á censura...

Por Valentin Carrera | Compostela | 04/06/2013

Comparte esta noticia

As rúas están cheas de xente, os que non poden saír apoian aos manifestantes polas fiestras, facendo ruído coas olas e tixolas, ninguén durme hai tres días. Mentres, na TV estannos poñendo programas de cociña, documentais sobre animais...coma se non pasase nada.

Xornalistas, actores e directores de cine denunciaron a indiferenza da prensa turca ante as incribles protestas en toda a Turquía. A policía atácanos coma se fósemos inimigos. Os manifestantes son estudantes dos liceos e a universidade, noivos, parellas, mozas, vellos, amas da casa, obreiros, funcionarios, actores, artistas, artesáns, de toda clase, de toda idea política, de toda tendencia. Os que son amantes do seu país, da liberdade, da democracia, dos dereitos humanos. Todo empezou cunha protesta pola reconstrución dun dos poucos parques restantes da cidade no que queren construír, ninguén sabe por qué, un cuartel; nun parque que existe desde o imperio ottomano, e queren facer nel un centro comercial; e esta protesta cambiou de face despois do excesivo uso da forza da policía, atacando aos manifestantes ás cinco da mañá, mentres durmían nas súas tendas no parque, con bombas de gas lacrimóxeno e golpeando á xentes pacíficas e desarmadas ata causar danos vitais.

Así que a xente di ¡basta! á intolerancia, ás detencións de xornalistas, científicos, xenerais do exército, estudantes, acusándolles como terroristas sen pistas ou con pistas falsas, á tendencia cara a un islamismo fundamental, ás restriccions dos dereitos humanos, á intervención da vida privada, ao cambio da educación limitando as chicas ir á escola, forzando as clases de relixión (o Islam por suposto), cambiando os liceos normais aos liceos relixiosos, á antidemocracia, ao fascismo, á intención de demoler a república laica construída polo noso gran líder Ataturk, á mala política exterior e interior, á destrución da natureza....

O primeiro ministro, no canto de acougar á xente e retirar a policía e pedir perdón, aínda nas súas canles de televisión está provocando á xente chamándolles “uns poucos vagabundos, bárbaros provocantes” e que non van cambiar nada do plan custe o que custe, e afirmando que van construír o cuartel e tamén unha mesquita na praza de Taksim. Erdogan non ten respecto polo Dereito, crese superior ás leis e o Dereito.

Así nos puxemos nun camiño de onde non hai volta. Imos ver ata que punto vai seguir esta violencia e a indiferenza da prensa turca…  E de momento, é todo o que che podo explicar: estouche falando dun movemento do pobo totalmente orixinal e sincero. Por favor explícao no teu ambiente social para que vexan a realidade en Turquía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Valentín Carrera Valentín Carrera, Ponferrada, 1958, escritor e xornalista, analista político en Galicia Confidencial, no blog Tornarratos.com, no Semanal Digital e no Faladoiro da Radio Galega. Dirixe a editorial eBooksBierzo. O seu último libro "Pescanova Crimen Perfecto”, aborda a estafa piramidal do caso Pescanova [http://www.paradiso-gutenberg.com/pescanova/].