Xa podes ver 'El Juego del Calamar' subtitulado ao galego

Un usuario de Twitter lexendou o primeiro capítulo serie de actualidade en Netflix nun momento en que aumentan as demandas por máis contidos audiovisuais en galego.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Nos últimos meses as esferas galegas das redes sociais --particularmente Twitter-- veñen de se encher de iniciativas a prol dunha nova 'galeguización' dos principais contidos televisivos e audiovisuais. Primeiro foi o Xabarín, que chegou ao Parlamento Galego con éxito. Agora, o foco está posto nunha plataforma que demanda contar con máis contidos de Netflix subtitulados ou dobrados ao galego.

'O xogo da lura', nunha adaptación da páxina de Twitter @netflixengalego
'O xogo da lura', nunha adaptación da páxina de Twitter @netflixengalego

Esta iniciativa, da que xa informou Galicia Confidencial, vén de dar un paso máis no tocante á serie que estas semanas está en todas as bocas, a chamada El juego del calamar, en castelán. A produción de tintes distópicos está a arrasar en todo o mundo, e dende hai un par de xornadas xa se pode ver subtitulado ao galego. Cando menos o primeiro capítulo, despois de que un usuario anónimo de Twitter pasara o traballo de subtitulalo.O usuario ofrece o primeiro acto desta serie producida por Netflix no seu propio perfil, no que inclúe subtítulos tanto para a variedade RAG do galego como en reintegrado. O xesto xa foi agradecido por outros internautas do galitwitter e, a día de hoxe, acumula 70 rechouchíos. O usuario non aclara se seguirá dobrando os capítulos aloxados en Netflix pero, polo momento, a recepción foi moi boa. 

HBO EN GALEGO

Nas últimas xornadas, a demanda de contidos en galego nas principais plataformas de streaming vén de chegar tamén á compañía HBO. O espazo tuiteiro da Comunidade vén de presenciar a creación dunha nova iniciativa para achegar os contidos desta empresa á lingua do país, incidindo tamén na dobraxe e os subtítulos dalgunhas das series de actualidade que máis soan. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta