Medo

A Concejala ten medo. Foi inaugurar unha cousa superflua e atopouse cun puñado de indignados con carteis e silbatos. Ao cortar a cinta, os “violentos” achegáronse ata rodeala, ante o pasmo de catro policías, e a Concejala sentiu por primeira vez na súa vida medo, medo físico.

Por Valentin Carrera | Compostela | 31/03/2014

Comparte esta noticia
Cando falou coa prensa, aínda lle tremía a voz:
-¡É unha vergonza!, non hai dereito –queixouse entre pucheiros-, agora teño medo de pasear cos meus fillos.
 
Si Ela, autoridade escoltada por policías armados, amparada polo partido que desgoberna, sente medo, ¿alguén pode dicirnos de que cor é o medo dun mozo de Mali, famento e espido, sen papeis, sen amigos nin familia, que cruza na noite a fronteira sabendo que trala aramada espéranlle fusís e cans de presa?
 
Si os fillos da Concejala, inocentes de todo, viron o medo nos ollos da súa nai, abucheada na rúa, ¿alguén pode dicirnos de que cor é o medo nos ollos dos nenos que ven como un banco hipermillonario lles expulsa da súa humilde e única vivenda e bótalles á rúa? [2.400 familias, 7 diarios, fora, mortos de medo, en 2013].
 
España é o segundo país europeo en pobreza infantil (29%), logo de Romanía, segundo Cáritas, dependente da Igrexa Católica, que supoño non é sospeitosa de terrorismo, nin de animadversión ao PP, aínda que Montoro disparate. ¿De que cor é o medo deses nenos que van, si, ao mesmo instituto das miñas fillas, e das vosas, sen almorzar e esmorecen na clase porque na súa casa pasan fame?
 
Lamento o medo inaugural da Concejala, pero a verdadeira violencia é o fame, a pobreza, os desafiuzamentos. A vostede, Señora, onte lle pisotearon un dereito; a seis millóns de parados llos pisotean todos cada día. 
 
Eu non desexo que a Concejala senta na súa pel nin sequera a metade, nin a décima parte, do medo que pasou onte á noite o meu amigo Hassan, tiroteado no valado de Melilla. O que quero é que construamos unha sociedade sen medo: deixen de rescatar bancos e rescaten ás familias pobres, e quizais non volte a sentir medo cando saia a pasear cos seus fillos. O Papa Francisco xa lles indicou o camiño. @ValentinCarrera
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Valentín Carrera Valentín Carrera, Ponferrada, 1958, escritor e xornalista, analista político en Galicia Confidencial, no blog Tornarratos.com, no Semanal Digital e no Faladoiro da Radio Galega. Dirixe a editorial eBooksBierzo. O seu último libro "Pescanova Crimen Perfecto”, aborda a estafa piramidal do caso Pescanova [http://www.paradiso-gutenberg.com/pescanova/].