71.800 € públicos nunha fin de semana turística de 9 blogueiros

"Marisco espectacular", hoteis de luxo e “algunha festa popular” entre os alicientes dunha “acción de comunicación” pagada pola Xunta e a Deputación de Pontevedra para promocionar as Rías Baixas nas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 06/12/2010 | Actualizada ás 21:56

Comparte esta noticia

Turgalicia e Turismo Rías Baixas acábanse de gastar 71.800 euros en que nove blogueiros especialistas en turismo “disfruten das excelencias da oferta turística de Pontevedra a través dunha ruta que mesture gastronomía, paisaxe, con algunha festa popular, evento o actividade rechamante que consiga impactar aos asistentes”, segundo figura no propio convenio polo que se pagou esta "viaxe de familirización". 

O primeiro ente, que depende da Xunta, invetiu 52.600 euros, e o segundo, da Deputación de Pontevedra, 19.200. 

O  convenio rubricado en outubro asegura que a Administración trataba de promocionar as  Rías Baixas a través entre “miles de seguidores (followers)” dos nove internautas nas redes sociais. Nunha innovadora estratexia de comunicación, estes nove profesionais, a cambio da fin de semana nas Rías Baixas, relataron a experiencia nos seus espazos web e no propio blog da “viaxe de familiarización”.

None

Incluíron o nome de Enrique Dans, que non participou

Entre os “profesionais de gran prestixio” que “desenrolan parte da súa actividade no mundo das novas tecnoloxías e con importante presenza activa en diferentes redes sociais (twiter, tuenti, blogs ...)” as administracións salientaron a presencia dos blogueiros Enrique Dans e Jimmy Pons. Malia que o nome de Enrique Dans figura no convenio, GC confirmou con este popular blogueiro que el non participou en ningunha das actuacións financiadas por ese acordo.

Os asistentes publicaron numerosos contidos da súa fin de semana nas Rías Baixas. Velaquí un dos Youtubes produto desta “acción de comunicación” protagonizados polo blogueiro Jimmy Pons:


Neste outro vídeo, un dos participantes presume de "haber comido como auténticos reyes, un marisco espectacular" e pernoctar nun hotel "de auténtico lujo":

None

 

Ademais de relatorios e visitas turísiticas, os nove afortunados desfrutaron dos productos galegos, como a queimada:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 140 comentarios

33 Manuel P.

Vou dar unha primicia, Rubido, Ester, Pedrafita e Sara son a mesma persoa, pero.. ¡non digades nada!, que estamos idiotizados e non nos enteramos de nada. Son tan paletos que nos chaman bloqueiros a todos os nacionalistas sexan de CXXI, da FPG ou de NOS-UP. Pois iso que non se nota nadiña que son os mesmo, escriben nun patético castelán (que xa poderían aprendelo mellor que é como mellor se defende un idioma), e cometen os mesmos erros ao facer as súas construccións gramaticais, pero non digades nada que ninguén o sabe. Chitón eh...Por certo creo que nin galego, nin castelán, nin gaitas, esta xente cometería incorrecións até comunicándose con gruñidos...

1 Enrique Castro

:-D Fáltalles poñer a Bob Esponja como nickname.

2 Rodrigo di Posa

Vese que non teñen máis que facer nos despachos da calle Génova.

32 Enfin

Creo yo que los únicos que van a entrar en esa página, van a ser gallegos y muchos gracias a GC, por eso deberian darle algo a estos chavales

31 Pedro

¡Es una promoción Bobby Varilla! Son contas do Gran Capitán porque un gasto de máis de 7.000€ para este tipo de persoas, ( un blogueiro destos non ten tal caché), en fin de semana, é excesivo. ¿Levaría algo a gaivota no peteiro? Non parece mala forma de promocionar aínda que con ese diñeiro penso que se poido facer extensiva a algún blogueiro de outros países.

30 Groucho

http://www.blogtripriasbaixas.com/ Antes de falar, é bo informarse

1 anonimo

Xa nos informamos xa, xa. Eu pensei que o autobombín estaba penado nesto da web2.0. Pasen señores e señoras, vexan como nos autopromocionamos!!!! Se por esa "acción publicitaria" se pagaron 71 000 ouros...

29 Esther

Más se perdió en Cuba (con los mojitos, claro).

1 Rodas

Vendo a factura dos mojitos e facendo calculos... 1600 euros por invitar a 400 persoas, darianos que con 72000 euros invitariamos a mais de 30.000 persoas. Os do PP o fan todo ao grande e con invitar a 9 un par de dias xa amañan. Logo Rueda e La Voz utilizan o dos mojitos..... Se calaran

2 Rayleigh

jajaja..canto exactamente? Este mes a puxa xa vai polos 2m€. Ti canto dis? Estes pepeiros repetindo coma un loro cousas das que non teñen nin idea...Non te creas a máis lista da clase Esther que xa colocaron ese argumento antes..

3 Flashdance

Ai, o dos "mojitos", a cidade da cultura que o bipartito non foi quen de parar e a roupa que se mercou para que unha camarilla de Vigo fose con Santi Domínguez á Universiada que foi un rotundo fracaso. Roupa do Corte Inglés para que toda a comitiva fose disfrazada a Bruxelas coido... se neste país quen non manga é porque non pode.