Feijóo di que Galicia afronta a nova vaga incendiaria “co mellor operativo de España”

“De momento imos ben, aínda que levamos dous días complexos”, destaca sobre a tempada de incendios. Seis medios aéreos do Ministerio de Agricultur xa traballan no incendio de Porto do Son, no que levan ardidas case cen hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/09/2019 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

Os lumes volveron a Galicia, tarde este verán, pero volveron con virulencia. Tras máis dunha semana sen chuvias, altas temperaturas e, especialmente, nos últimos días, fortes ventos, son varios os incendios que están activos no país. O que máis preocupa é o de Porto do son, con preto de 100 hectáreas xa calcinadas en oito horas.

Incedio en Porto do Son, preto da praia de Baroña, onde se desaloxou un camping
Incedio en Porto do Son, preto da praia de Baroña, onde se desaloxou un camping | Fonte: Suso Carleos Twitter

Precisamente, a este incendio se refería o presidente da Xunta para apuntar que foi intencionado, xa que, “comezou ás 06.15 horas da mañán”. “Esta madrugada foi complicada e temos un lume que nos preocupa en Porto do Son que comezou ás 06.15 horas da mañán. Evidentemente no é accidental, senón interesado”, dixo.

Con todo, destacou que Galicia está preparada para afrontar unha nova vaga incendiaria co “mellor operativo” de España. “E non o digo eu, tamén o din o resto das autonomías ou o Goberno portugués”, dixo ao tempo que trasladou o seu agradecemento “ás brigadas, pilotos, Protección Civil e todas as persoas que participan nos operativos”. “De momento imos ben, aínda que levamos dous días complexos", engadiu.

PORTO DO SON

Actualmente, o incendio máis complicado está en Porto do Son, con preto de cen hectáreas queimadas. O conselleiro de Medio Rural, José González, trasladouse á zona. Neste incendio raballan, entre outros, cinco avións, catro helicópteros, 18 brigadas, 13 motobombas, nove axentes e dúas pas, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) e seis medios aéreos que acaba de enviar o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Un avión apagando o lume / Marta Vázquez/Europa Press
Un avión apagando o lume / Marta Vázquez/Europa Press

Todo iso, nunha xornada de polo menos oito lumes na comarca do Barbanza, cos municipios de Noia, Boiro e Lousame, tamén afectados.

OURENSE

Tamén hai varios incendios na provincia de Ourense. No caso de Cenlle o lume permanece activo na parroquia de Barbantes, que se iniciou o mércores ás 19,05, e queima unhas 40 hectáreas. Para o seu control traballan seis helicópteros e sete avións, entre outros medios.

Pola súa banda, hai un incendio no municipio ourensán de Lobeira, na parroquia de San Xes de Vilariño, onde van 30 hectáreas arrasadas --27 delas de arboledo-- nunha zona de Rede Natura, no parque natural de Ou Xurés, segundo confirma este departamento a Europa Press. A Xunta dá por "estabilizado" o lume no Xurés desde as 13,03 horas, pero aínda segue sen controlar. Comezou ás 7,50 horas deste xoves.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

Hahahahahahahahahaaaa!!! O tipo é de medo. Un crack facenfo previsions e un imcompetente dando solucions