Nova sentenza contra a TVG por vulnerar dereitos laborais na folga de decembro de 2018

O alto tribunal galego considera nulos os servizos mínimos interpostos polo ente público.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/09/2019 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

Outra sentenza volve poñer na diana á dirección da CRTVG tras a súa actuación durante a folga dos traballadores do pasado decembro. Nesta ocasión, o TSXG anula os servizos mínimos impostos pola corporación nesas protestas; un ha folga xeral o 19 de decembro e un paro parcial o 22.

Venres negros na CRTVG por uns medios públicos libres e plurais
Venres negros na CRTVG por uns medios públicos libres e plurais | Fonte: @DefendeAGalega

Na súa sentenza o TSXG considera que os servizos mínimos dictados son “contrarios ao ordenamento xurídico” e establece establece o pago das custas procesuais á compañía pública, ao aceptar o recurso imposto polo comité de empresa contra a orde. 

O escrito xudicial amosa a súa contrariedade contra o director xeral do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, por ser el e non o o Goberno galego o que estableceu eses servizos mínimos. “Non esquezamos que o director xeral da CRTVG é directivo, administrador e representante da Corporación, depende da mesma entidade afectada pola folga, polo que, en principio, está privada da esixible neutralidade e imparcialidade para fixar os servizos mínimos esenciais”, destaca o TSXG. 

O alto tribunal galego recolle doutrina do Tribunal Supremo e do Constitucional para xustificar o seu fallo e suliña que a orde da dirección sobre os servizos mínimos “non proporciona os datos que evidencian os criterios que manexou a Administración”. “Hai, polo tanto, unha falta de explicitación que impide unha motivación axeitada que debe ser especialmente rigorosa á hora de xustificar os recortes no dereito de folga e que, neste caso, non xustifica a determinación dos efectivos fixada para levar a cabo os traballos nos medios públicos”.

O TSXG xa sancionou á Crtvg por vulnerar o dereito á folga en dúas ocasións. Nunha delas obrigaba á Corporación a pagar un total de 6.251 euros ao Comité de Intercentros ao entender que a Radio Televisión pública galega vulnerou o dereito á folga durante o paro de 24 horas que tivo lugar o pasado 18 de decembro. A sentenza obrigaba ao devandito pago "por danos e prexuízos ao órgano de representación do persoal convocante da folga, ao mesmo tempo que se declara nula a substitución dunha traballadora folguista, presentadora do Tempo, así como a de manter este espazo informativo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E agora que facemos con Alfonso Sánchez Izquierdo (?) o cesamos e lle buscamos un retiro dourado no CES ou no Tribunal de Contas (?) Ou pagamos e seguimos para bingo (?) E logo o presidente da Cámara Galega fala de vestir con decoro (camisetas) ?