Conflicto entre Adif e a Xunta polas obras da intermodal de Santiago

A Xunta di que as obras que se están facendo son do Goberno galego e Adif di que "xa ten aprobada a redacción" do proxecto e fará a súa parte das obras "cando o número de viaxeiros alcance a cifra de 3,5 millóns ao ano".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

A Xunta e Adif cruzaron este martes varias acusacións sobre as obras da intermodal de Santiago. Unhas obras que, segundo a Xunta, só está a facer a administración galega, mentres que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias indicou que xa ten aprobado a redacción do proxecto.

Estación Intermodal de Santiago
Estación Intermodal de Santiago | Fonte: Xunta

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, dixo este luns que as actuacións agora "en execución" son as da Xunta, mentres que "o único" que hai por parte de Adif "son planos e informacións públicas".

Pola súa banda, Adif respondeu posteriormente que "xa ten aprobada a redacción" do proxecto da estación intermodal e reitera que executará o seu parte das obras "cando o número de viaxeiros alcance a cifra de 3,5 millóns ao ano", segundo establece o convenio asinado en 2016.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta