A Xunta lanza un paquete de medidas para o rural cos 'impostos cero' e 'aldeas modelo' á cabeza

O presidente da Xunta "apura" a transposición da directiva europea para garantir uns prezos aceptables dos produtos agroalimentarios e impulsar unha lei de incentivos fiscais para a actividade agrogandeira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves o impulso dunha batería de medidas co foco no rural galego, á vez que insistiu nos deberes ao Goberno central que xa puxo esta semana en Madrid: "apurar" a transposición da directiva europea para garantir uns prezos aceptables dos produtos agroalimentarios e impulsar unha lei de incentivos fiscais para a actividade agrogandeira.

Para a primeira reunión do Consello da Xunta tras coñecerse que Galicia irá a eleccións o próximo 5 de abril, Feijóo elixiu o Pazo de Quián, en Sergude, que o seu Goberno quere converter nun escaparate" do rural galego e que se centrou neste ámbito. Ao termo da mesma, compareceu co conselleiro do ramo, José González, para detallar as distintas medidas nas que traballa o Executivo.

Feijóo remarcou que "70.000 familias compran, venden e permutan sen impostos en Galicia" e asegurou que o seu Executivo aspira a que se lexisle e "implantar en toda España" o modelo de 'impostos cero' no rural activado en Galicia. Non en balde, deu por feito que, se isto ocorrese, "os problemas do sector gandeiro, forestal e agrario non estarían nas rúas".

Tamén avanzou que a Xunta traballará na recuperación e mobilización de terras agrarias en estado de abandono --pretende recuperar unhas 10.000 hectáreas de media anual--, con medidas, por exemplo, como a creación de 'aldeas modelo'; e que se subscribirá un convenio coas universidades de Vigo e Santiago para realizar un inventario continuado de masas forestais -actualizarase ano a ano--.

Este plan está chamado a sentar as bases dunha información completa e "actualizada", que permitirá traballar en futuras medidas para mellorar, por exemplo, a prevención contra os incendios forestais.

Entre as iniciativas que Feijóo e González concretaron está tamén a "posta en valor" da rede de oficinas agrarias comarcais e distritos forestais de Galicia, onde se realizan labores de asesoramento; así como o investimento de 9,5 millóns de euros para un plan de pastoreo na Comunidade; e un impulso ao selo 'Galicia Calidade'.

O presidente de Galicia e do PP de Galicia (PPdeG), Alberto Núñez Feijóo, durante o seu discurso tras presidir a Xunta Directiva do PP galego.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente de Galicia e do PP de Galicia (PPdeG), Alberto Núñez Feijóo, durante o seu discurso tras presidir a Xunta Directiva do PP galego.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Logo de anos gobernando deixa un rural galego desindustrializado, despoboado e con pesimas infraestructuras. Ninsequera reclamou unha "tarifa electrica galega" (algo que atraeria empresas polo baixo coste da enerxia) cando boa parte do rural galego esta cheo de eolicos e hidraulicas. Agora lembrase do rural cando estan proximas as eleccions. Cero credibilidade. Por certo, a dereita española no Congreso parece mais preocupada por Venezuela que polo agro. Xa non sorprende que moitas persoas de dereitas no rural esten valorando votar ao BNG.