Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/03/2020 | Actualizada ás 20:01
USO, sindicato maioritario na fábrica de Carballo de Conservas Calvo, denunciou que un 80% das traballadoras sofre "discriminación salarial de xénero".
Nun comunicado, explica que instou por escrito á empresa a realizar "de maneira inmediata unha auditoría salarial de xénero", á vez que avanza que iniciará accións contra a conserveira "por discriminación en canto a salarios, categorías e niveis funcionais entre homes e mulleres".
A Unión Sindical Obreira pon como exemplo ás mulleres que traballan como carretilleiras, operarias de máquina ou despaletizadoras, "as cales teñen asignada a categoría de oficiais de fabricación, de menor remuneración que os seus compañeiros homes, que ostentan a categoría de oficios varios realizando o mesmo traballo na fábrica".
O sindicato denuncia tamén que a diferenza de salario entre un home e unha muller na empresa "realizando idénticas funcións adoita roldar os 3.500 euros anuais".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.