Ratificada a conxelación de taxas universitarias entre Xunta e as universidades públicas galegas para o curso 2021/22

O Consello Galego de Universidades acordou esta proposta durante a reunión das tres universidades galegas e o conselleiro de Educación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

O Consello Galego de Universidades confirmou este luns a conxelación das taxas de grao e máster para o curso 2021/22. Deste xeito, Galicia manterase durante "11 anos seguidos" como a comunidade autónoma cos prezos públicos "máis accesibles de España".

Así o ratificou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, a preguntas dos medios durante a presentación do 'Plan Recupera' da Xunta, minutos antes de presidir a reunión entre representantes do seu departamento e as tres universidades públicas galegas --Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela--.

A ratificación da conxelación das taxas, que afectará tanto os estudos de grao como de posgrao, foi o principal punto a tratar neste encontro telemático. Ademais, este órgano abordou o informe para a adscrición do Centro Superior de Hostalaría de Galicia á Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a certificación de determinadas titulacións de máster "que xa están pactadas".

O conselleiro tamén avanzou que o Consello Galego de Universidades tratou "a posibilidade de creación" de diferentes centros, como o nacemento da "figura administrativa" da Facultade de Turismo para a Universidade da Coruña (UDC). E é que o grao en Turismo botara a andar no actual curso 2020/21 desde a Facultade de Filoloxía da cidade herculina.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, preside a reunión telemática do Consello Galego de Universidades.. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, preside a reunión telemática do Consello Galego de Universidades.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta