Condenada a CRTVG por sancionar a un presentador que criticou a manipulación informativa nos Venres Negros

Segndo a CUT, o xulgado obrígalle ao ente público a pagarlle nove días de salario e soldo e a cantidade de 6.251 euros en concepto de indemnización de danos e prexuízos por vulneración de dereitos fundamentais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/12/2021 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

A CRTVG foi condenada por sancionar a un traballador coa suspensión de emprego e soldo durante nove días po participar nas protestas dos "Venres Negros". Así o dictamina un xulgado de Santiago segundo informa o sindicato da CUT nun comunicado.

Carlos Jiménez, presentador da TVG
Carlos Jiménez, presentador da TVG | Fonte: Twitter

A central sindical destaca que no ano 2019 as profesionais da CRTVG Tati Moyano e Carlos Jiménez recibían en nome do colectivo Defende a Galega o XV Premio José Couso á Liberdade de Prensa, ao seren ambos significados participantes da iniciativa Venres Negros "e represaliados por este feito por unha empresa pública da comunicación". Mentres que o expediente disciplinario contra Tati Moyano rematou por se arquivar, a CRTVG quixo frear a iniciativa contra a manipulación usando a Carlos Jiménez como exemplo, que acabou por ser sancionado con 9 días de emprego e soldo.

CUT mantén que o expediente disciplinario dirixido contra Carlos Jiménez artellouse despois de que se convertera nun dos máis activos participantes dos Venres Negros, "ben caracterizados pola resolución xudicial como unha mobilización que teña por obxecto a denuncia por parte de diversos traballadores da entidade demandada do despregamento por parte da Dirección da mesma de políticas de manipulación informativa”.

Con todo,o Xulgado do Social nº 1 de Santiago de Compostela, vén de ditar sentenza que “estimando íntegramente a demanda […] e declarando nula a sanción imposta ao demandante […] e, en consecuencia, déixase sen efecto algún dita resolución” e "condena á entidade demandada a abonarllle ao demandante os salarios que deixaron de abonárselle en execución da sanción anteriormente referida, así como a cantidade de 6.251 euros en concepto de indemnización de danos e prexuízos por vulneración de dereitos fundamentais […]”.

Para Raquel Lema, voceira da CUT na CRTVG, este pronunciamento é “absolutamente reparador, e con todo o tarde que opera a xustiza, un poder como o xudicial declara, por vez primeira, algo que as traballadoras do medio levamos anos entendendo, sufrindo e denunciando que non existe liberdade de expresión".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Noraboa ! Nin existe liberdade de expresión nin de Información ! https://twitter.com/00Memoria/statu... Se non fora polo GC nin teríamos noticia desta sentenza !