Nace un banco de imaxes para levar a paisaxe e vida de Galicia por todo o mundo

Unha empresa galega grava as contornas e constumes do país para ofrecela a produtoras dentro e fóra das fronteiras.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Dende agora en adiante, será máis sinxelo producir contido audiovisual con Galicia como centro.  A produtora audiovisual Suseia Coop. vén de anunciar o lanzamento do banco de venta de imaxes de vídeo FrameGalicia.com, composto polas panorámicas dos puntos máis relevantes do país. E ollo, porque non só ten metraxe da paisaxe galega.

Praia da Lanzada
Praia da Lanzada | Fonte: Turismo Rías Baixas.

"Queríamos que servira tamén de arquivo etnográfico, por iso decidimos gravar as diferentes profesións tradicionais como poden ser a elaboración de redes de pesca ou a creación de obras de artesanía” afirma Sonia Otero, unha das socias de Suseia Coop. “Apostamos sempre pola calidade, queríamos que as imáxenes serviran tanto para realizar campañas de publicidade en redes sociais como para empregar en programas de televisión.”

Un proxecto no que levan traballando case dous anos e que contou para o seu desenvolvemento coa colaboración do IGAPE, a través da súa liña de axudas “Exporta Dixital”, e co apoio técnico da empresa informática coruñesa VeviSystems. “É un proceso de longo percorrido, por unha banda está todo o ligado a nosa profesión: desprazamentos, gravacións, cortar os clips de video, clasificar os planos. Despois para o desenvolvemento da plataforma hai un grande traballo técnico. Invistes moito tempo en probas, en explicarlle os informáticos as necesidades do teu sector, que cousas son imprescindíbeis para procurar con éxito as imaxes. E despois están todos os pasos en temas legais para comercializalo e internacionalizar a venda do produto", inciden os creadores.

A plataforma xa está accesíbel para todos os usuarios e xa dispón de máis de 6.000 clips de video de diferentes temáticas. “Tiñamos claro que o éxito pasaba pola variedade, así que procuramos ter un pouco de todo: interior, costa, ríos, peregrinos, catedrais, igrexas, patrimonio, urbán, rural...”

A finalidade da plataforma, inciden, pasa por facilitar que desde calquera lugar do mundo se poidan editar vídeos con imaxes de Galicia. “Encontrámonos cunha situación un tanto ridícula. Hai unha tendencia clara e é que cada vez se producen máis e máis vídeos con imaxes de stock. Nestes bancos de imaxes sempre é máis doado atoparte Notre Danme ou a ponte de San Francisco que a Catedral de Santiago. Como pode ser que haxa docenas de paises que están interesados en vender o Camiño de Santiago e non se lle faciliten imáxenes de este?” engade David Miranda, outros dos socios de Suseia Coop.

O contido está orientado tanto as empresas de comunicación galegas que se adican á produción de vídeo promocional ou formatos televisivos como para as empresas que exportan produtos e teñen unha marca ligada a Galicia. “Temos marcas que teñen un grande prestixio internacional que non se poden entender sen o arraigo a Galicia, por exemplo aquelas ligadas a cultura do viño ou outros sectores da alimentación. Co noso banco de imaxes, calquera pode evocar Galicia desde calquera rincón do mundo a un coste moi baixo”, engade David Plaza, outro membro máis da cooperativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta