A fortaleza do pobo galego

O 24 de xullo de fai un ano moitos de nós atopabámonos de camiño a Santiago para unha noite de troula asegurada. Coñecendo o bo ambiente galego, trasladámonos dos lugares máis ou menos inhóspitos da terra en pura peregrinaxe á nosa querida cidade xacobea. Por desgraza, non todos chegamos o noso destino desexado aquela noite.

Por Elisa Durán Rubí | Compostela | 06/08/2014

Comparte esta noticia
Persoalmente, atopábame nun tren de camiño cando todo se comezou a especular. E si, a especular, porque a información brillaba pola súa ausencia. Eramos un grupo de rapaces que só tiñan contacto co exterior mediante redes sociais ou o teléfono móbil, e cada noticia ou comentario era peor que o anterior. Vivimos momentos onde todo era posible: atentados, ameazas de bomba, un accidente provocado...; aínda que ó comezo pensabamos que era un simple descarrilamento que quizais nos retrasaría un pouco o tren. Cada minuto que transcorría se traducía nunha morte e o noso desespero era maior por non saber o que atopariamos en Santiago ou se simplemente daríamos chegado algún dia alí.
 
Pero nunca chegamos a supoñer o que nos esperaría en Santiago. O medo aínda estaba latente nos nosos ollos e esperabamos atoparnos co peor dos infernos. Iso non foi o que ocorreu. Non había tempo para choromicadas: había persoas en perigo en Galicia.
 
O dinamismo en Santiago era innegable. Xa ó chegar, xente da rúa achegóusenos para dicirnos cal era o centro de doazón de sangue máis próximo e advertirnos de que non fósemos ós centros médicos que estaban saturados. Ninguén nos preguntou se era a nosa intención ir ou non, pero é que para os galegos era lóxico cara onde ias ir. De repente, o centro de peregrinaxe era outro.
 
As noticias que chegaban xa non eran do accidente. O que se encontraba naquel momento nas redes sociais eran milleiros de galegos en colas eternas para doar e veciños de Angrois axudando coas propias mans os feridos. En poucos minutos a noticia era o colapso de centros e hospitais pedindo que se deixase de doar, a causa das masas de xente voluntaria recibida. Axiña as razóns individuais polas que a maioría chegaramos a Santiago parecían una lembranza afastada, e agora só importaba que estabamos todos alí para axudar.
 
Pero é que o pobo galego é así. A nosa bondade e solidariedade en momentos de  necesidade, que chegou a outra punta do Atlántico cando foi necesario, está recoñecida e demostrada a nivel mundial. A capacidade de reacción, a perfección en momentos de urxencia, fai que demostremos o que se debe facer como pobo unido e ata co exemplo brindamos a oportunidade de que moitos outros se unan a nosa causa, como pasou no Prestige.
 
Posiblemente, esta historia de aquel día teña cada un unha versión dentro de cada casa. Pero todos temos una, e é o noso modo de recordar ás vítimas: porque sempre levaremos o seu recordo no noso corazón e a na nosa memoria.
 
Polo tanto galegos, non vos entristezades! Non poñamos un nuboeiros na nosa festa, do Día Nacional de Galicia. O fin e o cabo, so demostramos, unha vez máis, por desgrazas do destino a nosa fortaleza.  E se chove, que chova! Que o pobo galego unido, nunca será vencido. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Elisa Durán Rubí Elisa Durán Rubí, nada en Cambados en 1994, é unha moza estudante de Economía na Universidade Pompeu Fabra en Barcelona e estudiante de Ciencias Políticas e da Administración na Universidade a Distancia Española.