Barcelona está "groga" e "vermella"

Este pasado 11 de setembro vivín nas rúas de Barcelona a "Diada", o Día Nacional de Catalunya. Era unha Diada histórica: ó inicio que marcou a conta atrás para o referendo: pola independencia ou outra relación co Estado Español.

Por Elisa Durán Rubí | Barcelona | 18/09/2014

Comparte esta noticia
Algúns  medios de comunicación presentaron ese día como unha loita de atención entre unha multitudinaria Catalunya independente (acto en Barcelona) en contraposición a unha Catalunya unionista (acto en Tarragona). Quizais isto sexa un atractivo para as audiencias no resto de España atraídas pola "movida", ¿pero realmente quérese dar  a imaxe de que xa non queda sitio para ver uns cataláns unidos simplemente loitando pola súa nación e o dereito a decidir por ela, sexa cal sexa a súa posición?.  
 
A xornada podía comezar como un día festivo máis en Barcelona no que quizais podías aproveitar para erguerte un pouco máis tarde.  Mais, como xa se nos viña augurando dende fai semanas polos medios de comunicación, a magnifica organización dos cataláns para facerse ver ante o resto de Europa  e o Mundo estaba a punto de comezar. Foi saír a rúa onde vivo, lonxe do movemento central, cando me sentín abordada por unha multitude amarela. De camiño ao acto, non podía parar de rir no metro o ver as caras incrédulas de todos os turistas ó ver Barcelona chea  de xente de amarelo e vermello. Vin a máis dun sacándose fotos coa xente como se de bonecos Disney se tratasen. E os paquistanís deixaron de vender os seus típicos souvenirs para estar cargados de bandeiras e camisolas catalanas, de gran reclamo para os estranxeiros.  Quizais non sabían que estaba sucedendo ou o porqué, mais que era algo importante era innegable.
 
E alí estaba eu: na V; a senyera humana en representación da vitoria, da vontade e  de votar. Os meus compañeiros, como moitos outros cataláns organizados e solidarios,  inscribíronse  na paxina oficial nun dos 73 tramos, nun que se supoñía  que estaba "pouco poboado". Pero o chegar alí, coa calor, a  gran xurrada de xente e esperar ata dúas horas antes da hora sinalada (17:14 h), non podía imaxinarme como estarían de  ateigados os outros tramos supostamente "poboados".  O cálculo matemático é simple: todos os autobuses e trens cataláns, e ata de  arredores como Andorra, Francia ou Valencia, esgotáronse para  levar  a xente a Barcelona. Tal foi a concentración, que se chegou a calcular pola Garda Urbana nuns 1,8 millóns de participantes para os 11 km da Vía catalana, da V.  Eu non sei canta xente estaba alí, mais  eran unha gran marea de cidadáns  libres unidos.
 
Nembargante, eu,  nun día así, ante a situación política axitada que se vive, esperaba desmesuradas manifestacións, xente gritando demandas e ata lle tiña un certo respecto os famosos mossos d’esquadra.  O máis perigoso era quedar xordo pola xente alí cantando himnos ou coas batucadas ou como moito, iso si, recibir algún golpe despistado; porque as esteladas non paraban de ondear. Parecíame o ambiente obvio para  un  momento histórico. Polo que podédevos imaxinar a miña cara incrédula cando me atopei con  moitos mozos e mozas coma min , pero  mais maioritariamente podías ver, por todas partes, familias cos seus fillos xogando e cantando felizmente e ata algún velliño venerable uniformado de amarelo ou vermello, cun gran sorriso queixándose menos ca min, por estar tantas horas de pé. Neste día en Barcelona non se debatía de política nin de independentismos ou casos Pujol. 
 
Podo dicir, por último, chea de ledicia, que aquel día de festa tiven a oportunidade de ver verdadeiros castells cataláns. Eran persoas pertencentes a unha colla común, un colectivo de persoas buscando un obxectivo ben complicado como pode chegar a  ser formar torres humanas de máis de 5 metros. Para min foi unha gala  inesquecible: o risco que corren todas esas persoas confiando nun nos outros e cooperando para chegar o máis alto é unha exhibición admirable. Poden caer no seu intento xa que é unha manobra complicada, pero é que o papel máis importante de este conxunto loitando nunha mesma dirección, é a súa  piña: amigos, familiares, seareiros e ata espectadores espontáneos que se unen para colaborar e  acadar  o que semella unha inalcanzable meta.
 
 Nun día tan importante para os cataláns fun unha destas espectadoras espontáneas. Pero grazas a asistir a este acto puiden reflexionar que, se os cataláns levan facendo estes castells desde fai centos de anos, como non entender o seu empeño polo incríble? 
 
Unha vez que o castell está completado, un neno moi pequeno chega arriba e levanta a súa man e  vitorease a súa vontade. Os cataláns só necesitan que lles demos permiso para intentar facer o seu castell, e se caen, xa se axudaran uns aos outros. Masivamente pídennos que os deixemos Votar.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Elisa Durán Rubí Elisa Durán Rubí, nada en Cambados en 1994, é unha moza estudante de Economía na Universidade Pompeu Fabra en Barcelona e estudiante de Ciencias Políticas e da Administración na Universidade a Distancia Española.